Esta semana salientamos dous eventos que non vos debedes perder:

-
Charla informativa o martes 17 de XANEIRO ás 20:30 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º, A Coruña) sobre o proxecto de banca ética Fiare Galiza na que se explicará o proxecto e o estado no que se atopa, e resolveremos as dúbidas que teñades sobre Fiare.
- VI XORNADAS DE FORMACIÓN AIS O PETO. Desde Ais O Peto (asociación que forma parte de FiareGZ), ante a complexa situación económica e sociopolítica na que nos atopamos, deciden organizar unha Xornada de Formación con Arcadi Oliveres os días 20 e 21 de Xaneiro. O horario é o seguinte:
Venres 20 XANEIRO: “En que mundo vivimos: Economía vs. Persoa“:
- 17:00 Charla-coloquio n`O Carballiño na Casa da cultura
- 20:30 Charla-coloquio en Compostela na Gentalha do Pichel*
(*) pendente de confirmar o CS. se non hai novidades celebrarase na Gentalha
Sábado 21 de XANEIRO en Compostela, na Galería Sargadelos:
- 11:00 a 13:30: “Economía ao servizo da persoa”. Formación interna para socias de O Peto. (Aberto a interesadas).
- 17:00 a 19:00: “A economía social, banca ética e solidariedade”. Encontro entre persoas, movementos sociais, colectivos, asociacións, etc…, que traballan ou están interesadas neste campo da economía.
Para solicitar máis información e confirmar a túa asistencia podes escribir a: ais_opeto@hotmail.comEsta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla e visitar www.opeto.org
Arquivado en: Economía solidaria e social,Eventos,Fiare,Fiare GZ,Novas
























