Cada día máis persoas e colectivos achegámonos a Fiare (en Galiza, en concreto, a FiareGZ) polos grandes desexos de formar parte dun proxecto realmente construído cunha base social forte, alternativo, revolucionario e no que podemos e debemos participar.
Non o dubides máis e participa! Podes facelo nos grupos locais nos que xa nos estamos a reunir: Compostela, Coruña, Pontevedra e Vigo; ver as posibilidades de crear un na túa zona coa xente xa socia ou interesada que coñezas ou poidas coñecer; propor charlas informativas (a charla informativa que tivo lugar onte, martes 17 de xaneiro, na A.C. Alexandre Bóveda en Coruña contou cunha ampla participación) ou novos encontros; e moitas cousas máis… Anímate!
























