As Finanzas éticas confirman así a súa capacidade e solvencia así como o seu papel anticíclico nesta gravísima crise económica.
Banca Popolare Etica (BpE) pechou o ano 2011 rexistrando -por terceiro ano consecutivo- un crecemento de dous díxitos nos seus diversos volumes de actividade. A recollida de aforro alcanzou un nivel de 717 millóns €, o que representa un incremento do 11,7% respecto ao 2010, mentres que o crédito outorgado ascendeu a 540,8 millóns (+ 23,9% en relación ao 2010). Desde a súa creación BpE financiou máis de 5.300 proxectos social e medioambientalmente sustentables e da economía social e solidaria.
Crece tamén o capital social desta Banca cooperativa que rexistra en 2011 un aumento do 14%, superando os 35 millóns de euros. A base social de BpE creceu até os 36.349 socios (30.782 persoas físicas e 5.567 entidades sociais).
Cabe destacar que FIARE, mediante o contrato operativo de axencia que ten establecido con BpE está a contribuír tamén neste incremento das cifras de aforro e crédito do balance de Banca Popolare Etica.
Máis información na web de BpE.
Arquivado en: Economía solidaria e social,Fiare,Fiare GZ,Novas
























