2. Que haxa 4.750 millóns de pobres en todo o mundo, iso non é unha crise capitalista.
3. Que haxa 1.000 millóns de desempregados en todo o mundo, iso non é unha crise capitalista.
4. Que máis do 50% da poboación mundial activa estea subempregada ou traballe en precario, iso non é unha crise capitalista.
5. Que o 45% da poboación mundial non teña acceso directo a auga potable, iso non é unha crise capitalista.
6. Que 3.000 millóns de persoas carezan de acceso a servizos sanitarios mínimos, iso non é unha crise capitalista.
7. Que 113 millóns de nenos non teñan acceso a educación e 875 millóns de adultos sigan sendo analfabetos, iso non é unha crise capitalista.
8. Que 12 millóns de nenos morran todos os anos por mor de enfermidades curables, iso non é unha crise capitalista.
9. Que 13 millóns de persoas morran cada ano no mundo debido á deterioración do medio ambiente e ao cambio climático, iso non é unha crise capitalista.
10. Que 16.306 especies están en perigo de extinción, entre elas a cuarta parte dos mamíferos, non é unha crise capitalista.
Todo isto ocorría antes da crise.
Que é, pois, unha crise capitalista?
Cando empeza unha crise capitalista?
Falamos de crise capitalista cando matar de fame a 950 millóns de persoas, manter na pobreza a 4700 millóns, condenar ao desemprego ou a precariedade ao 80% do planeta, deixar sen auga ao 45% da poboación mundial e ao 50% sen servizos sanitarios, derretir os polos, denegar auxilio aos nenos e acabar coas árbores e os osos, xa non é suficientemente rendible para 1.000 empresas multinacionais e 2.500.000 de millonarios?
Arquivado en: Novas

































