Asemblea Xeral de Banca Popolare Etica

BpEMañá, sábado 18 de maio de 2013, celébrase a primeira Asemblea interestatal de Banca Ética: Web onde seguir a Asemblea o sábado 18 de maio de 10h a 17h. Máis de 70 persoas socias da área Fiare asistirán a Florencia coas delegacións de votos de case 300 persoas do conxunto do Estado. Será un momento especial cargado de moito simbolismo porque por primeira vez participamos como Área recoñecida formalmente na estrutura cooperativa e en consecuencia presentamos un candidato ao Consello de Administración -Peru Sasia- en representación da área Fiare.

Os temas fundamentais desta Asemblea son a renovación do Consello de Administración (CdA), a renovación do Comité Sindical e como é habitual, a rendición de contas da actividade bancaria e as reflexións elaboradas polo Comité de Ética durante o último curso, á parte dos espazos de encontro informais entre as bases sociais de ambos os dous países.

Nesta convocatoria presentáronse un total de 20 candidaturas para o CdA: Candidaturas para o Consello de Administración. A principios de abril organizouse unha presentación no teatro Testoni de Bolonia onde as persoas candidatas puideron expor á base social as súas opinións sobre a situación actual e o enfoque polo que apostarían: Vídeo presentación candidaturas. Foi un encontro onde participaron unha representación de persoas socias das diferentes Áreas e púidose seguir vía streaming en ambos os dous países en directo, como se poderá seguir mañá sábado a Asemblea Xeral.

Unha das novidades desta edición será unha presenza de mulleres máis forte que nas anteriores edicións debido a que na Asemblea do 2012 aprobouse unha cota feminina para garantir a presenza de polo menos un 33% de mulleres no Consello de Administración. Están convocadas a participar máis de 38.000 persoas e organizacións socias da Cooperativa coa regra fundamental dunha persoa un voto.

Este ano a Asemblea de Banca Etica realizarase no marco de Terra Futura, a maior feira de Economía Social e Solidaria de Italia. Durante tres días, centenares de organizacións que traballan no ámbito de solidariedade van expor os seus proxectos e iniciativas de futuro. O programa da Feira vén acompañado de interesantes charlas-debate xunto a algúns dos pensadores e líderes dos movementos sociais tanto aquí en Europa como noutras rexións do mundo.

Máis información:

Fonte: www.proyectofiare.com

I Feira da Economía Social da Coruña e moito máis!

ConcertoFiareGaliza-17maio2013Este mes de maio está cheo de actividades nas que Fiare Galiza participa por toda a nosa terra.  Esta semana e a vindeira non serán unha excepción: hoxe, 8 de maio de 2013, presentamos o noso proxecto para toda a comunidade educativa no IES “Auga da Laxe” de Gondomar; o vindeiro mércores, 15 de maio de 2013, formaremos parte do ciclo de palestras “Creando alternativas II”, organizada pola Asemblea Aberta Ourense e na proxección-coloquio de finanzas éticas do documental “Con tu dinero” que terá lugar en Redondela.  En ambos casos estaremos xunto coas compañeiras e compañeiros de Coop57 Galiza e AIS O Peto.  Os momentos para o lecer tamén son tidos en conta polo que poderedes disfrutar dun concerto que se celebrará o venres 17 de maio de 2013 no Carballiño.

IFeira-Corunha-11maio2013Tamén, por suposto, participaremos cunha charla sobre banca ética (aquí tes unha sinxela presentación sobre Fiare Galiza), un monólogo sobre banca ética, información… este sábado, 11 de maio de 2013 na I Feira de Economía Social da Coruña

A comunidade de Coruña xunta ás organizacións solidarias de Galiza para celebrar o Día do Comercio Xusto. Un día que ten a finalidade de lembrar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e tamén a calidade da nosa propia vida.

Nesta idea de comercio, e por extensión de economía, existen multitude de empresas e organizacións que traballan dignamente por acadar uns fins diferentes ao de maximizar o beneficio. Unha economía na que as persoas son o máis importante, e o capital está ao servizo destas persoas e da comunidade. Unha economía solidaria, participativa e na que substituímos competir por compartir.

É por iso polo que, nesta sinalada data, o vindeiro sábado 11 de maio de 2013, organizamos unha Feira da Economía Social que terá lugar na Praza de Pontevedra de Coruña de 11:00 a 21:00 horas. Un lugar de encontro de diferentes empresas e organizacións que comparten esta idea de economía. Nela participarán organizacións de comercio xusto e cooperación, consumo responsable, banca ética, bicimensaxería e promoción da bicicleta, urbanismo e arquitectura sustentable, enerxías renovables, cociña solar, reutilización e reciclaxe, música libre, arte, software libre, tecnoloxía aberta, bancos de tempo, redes de troco…

Nestes tempos nos que a economía está desprestixiada, na que desconfiamos de todo pero dun modo ou doutro seguimos alimentando a roda deste sistema inxusto, queremos visibilizar ás persoas e colectivos que tamén son economía, pero economía social. Proxectos que podemos potenciar, aos que derivar o noso consumo e nos que podemos tamén participar.

Nesta feira poderemos:

  • Mercar produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doces, …) e tamén pratos preparados. Come san, rico e local!
  • Trocar todo aquelo que non uses por outras cousas que necesites.
  • Coñecer outras alternativas ao teu consumo eléctrico.
  • Coñecer outras alternativas á banca convencional.
  • Coñecer como conseguir servizos e bens sen cartos.
  • Descubrir e debater sobre diferentes e interesantes temas como: o comercio xusto, o consumo responsable, a banca ética, a música libre, o software libre, a tecnoloxía aberta, …
  • Ver en funcionamento cociñas solares.
  • Escoitar música libre.
  • E moitas cousas máis!

As organizacións que confirmadas que participarán nesta feira son:

Anímate a participar!

Abril 2013: Fiare Galiza chega a máis lugares da nosa terra!

O mes de abril que acaba de rematar veu cargado de actividades coas que Fiare Galiza segue a percorrer as distintas vilas galegas e coas que pouco a pouco se vai afianzando na nosa terra.  Isto último queda ben de manifesto co encontro do GIT Fiare Galiza Sur (o 25 de abril de 2013, nesta ocasión en Ourense) e coas numerosas reunións dos diferentes grupos locais que se seguen a estender por todo o territorio: en Ourense, o 1 de abril; en Vigo, o 11; o 15, en Coruña e Santiago de Compostela e o 23 en Lugo.  Como podedes ver hai moitas posibilidades de participar desde o voso lugar de residencia, aínda que no caso que non poida ser, anímate a informarte como podes facer!

Fiare-XD-abril2013-IIOutra cita ineludible, como vén sendo habitual cada mes e medio ou dous meses, o 13 de abril, tivo lugar no local de Panxea (socia de Fiare Galiza): a reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza.  A este encontro podemos asistir todas as persoas socias que así o desexemos e ademais deste xeito podemos coñecer máis de preto cal está sendo a evolución do proxecto, como todo se está a coordinar…  A próxima será o 29 de xuño, lembra reservar a data!

Este cuarto mes do ano 2013 deu para moito máis! Houbo unha chea de encontros, charlas-coloquio…:ForumMetropolitano1abril2013

  • O 1 de abril participamos na palestra que sobre banca ética organizou a AAVV de Oza-A Gaiteira-Os Castros no Forum Metropolitano (A Coruña).  Xa vedes que tamén é posible coñecernos desde a túa asociación de veciños.  Contacta connosco e proponnos datas!
  • charlaslaracha-5abril2013O 5 de abril fomos convidados a formar parte da mesa sobre “Consumo responsable e banca ética” xunto con Zocamiñoca (socia de Fiare Galiza) na Charla do Mes organizada por A Casa da Leiteira, colectivo cultural da Laracha en Arteixo.  Foi moi enriquecedora a experiencia.
  • Os días 16, 17 e 18 de abril puidemos disfrutar das proxeccións do documental “Con tu dinero” en Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e PontevedraContudinero-Pontevedra-IIContamos coa presenza do seu director Íker Espúñez e formamos parte das charlas-coloquio sobre finanzas éticas nas que participamos xunto con Amarante-Setem, Adicae, Coop 57 Galiza e AIS O Peto.
  • O 20 de abril fomos convidados pola Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze a participar na charla-coloquio “Outra banca é posible: FIARE”.  Tivo lugar na Tabertenda de Salceda de Caselas.  Houbo unha gran participación.  Comezamos cunha brFiare-20abril2013-IIIeve introdución sobre finanzas éticas e posteriormente proxectamos un vídeo elaborado con material de diferentes documentais, o que nos permitiu entrar máis de cheo no que é e supón o proxecto Fiare.  Unha vez máis, podemos comentar que Fiare cada vez está a chegar a máis xente que non dubida en preguntar nas charlas todo o que considere do seu interese para poder coñecernos mellor.
  • O 25 de abril tivemos ocasión de levar a cabo en Mos a proxección dun vídeo sobre finanzas éticas  na Xornada de Cooperativismo “Unha resposta a crise, unha alternativa de emprego”.
  • BouEva-27abrillalin-abril2013O 27 de abril seguimos promovendo a construción de alternativas cunha charla sobre banca ética xunto con Coop 57 Galiza e AIS O Peto en Lalín organizada polo grupo de consumo Tarabela.  Tamén o mesmo día, asistimos á charla-coloquio “Outra banca é posible: FIARE” organizada pola Asociación Cultural Bou Eva deVigo.  En ambos os dous encontros fixemos unha pequena introdución do que son as finanzas éticas e presentamos as diferentes iniciativas presentes na nosa terra, o que permitiu ao final fora posible un frutífero diálogo.

Nas vindeiras semanas estamos convencidos de que o ritmo non decaerá.  A continuación tedes unha listaxe de varias das vindeiras citas:

  • O 2 de maio, faremos unha presentación de Fiare no Banco do Tempo da AA.VV. de Valadares de Vigo.
  • O 6 de maio serán as reunións dos Grupos Locais de Ourense (18:30 horas) e de Coruña (19:30 horas).
  • O 8 de maio participaremos nunha charla no IES “Auga da Laxe” de Gondomar para toda a comunidade educativa.  No mes de marzo tivemos a oportunidade de estar noutros tres centros educativos dos que gardamos unha boa lembranza.

20130119-AsembleaFiareGaliza-1bAgardamos que todos estes actos, sumándose aos xa realizados sigan a contribuír á difusión de Fiare.  Se estás interesado/a en coñecernos máis podes solicitar información e/ou convidarnos a participar en charlas ou encontros no centro de estudos onde estudas ou traballas, no colexio profesional ao que pertences, na asociación de veciños da que formas parte, na túa cooperativa ou grupo de consumo…  E, sobre todo, anímate a participar!

Non podemos rematar este “pequeno” resumo sen agradecer a todas as persoas que co seu traballo gratuíto están a facer todo isto posible e lembramos que na última reunión da Xunta Directiva puidemos dar á benvida a unha nova entidade socia que é a primeira comunidade de montes veciñais en participar en Fiare Galiza: a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso (Gondomar).

Unha semana proxectando BANCA ÉTICA en Galiza

Coa chegada do sol primaveral, na terceira semana de abril, desenvolveuse en varias cidades galegas unha actividade moi especial: a estrea do documental sobre finanzas éticas “Con tu dinero”, onde se fai un percorrido pola historia recente do activismo de denuncia ante as malas prácticas da banca convencional e en paralelo se recollen testimonios e experiencias sobre economía solidaria e financiamento ético.

VentodoSul-ContudineroA actividade, promovida por Fiare Galiza e Amarante Setem (entidade socia do proxecto), tivo lugar en Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Pontevedra, en 4 xornadas intensas nas que máis de 150 persoas visionaron de xeito colectivo o documental. En Vigo e Pontevedra contouse coa presenza de Iker Espúñez, director da creación, quen acompañou nos animados coloquios desenvolvidos tras cada proxección xunto con representantes de Fiare Galiza, Coop57 Galiza, AIS O Peto, Amarante Setem e mais ADICAE. Foron numerosas as reflexións sobre “malas e boas” prácticContudinero-Compostelaas bancarias, as diferenzas entre modelos de banca ética participativa e non participativa, arredor do carácter non lucrativo definitorio dos modelos de financiamento ético que aparecen no documental, así como da próxima posta en marcha no estado español da nosa cooperativa de crédito.

Contudinero-Vigo-2013-04-17 19.56.32Contudinero-Pontevedra-IIAs sesións serviron para que numerosas persoas e colectivos se achegasen a coñecer Fiare Galiza e ir sumando novas persoas socias que queren construír unha economía ao servizo da xustiza. En maio está previsto continuar co visionado do documental noutras vilas e cidades galegas, así que estade atentas e atentos ao noso calendario de actividades, agardámovos nas mellores salas de cinema!

Fiare tamén nos centros de ensino!

No mes de marzo tivemos a oportunidade de achegarnos a varios IES aos que fomos invitados:

  • O 18 de marzo nunha clase de 1º de Bacharelato no IES Alexandre Bóveda de Vigo.
  • O 19 de marzo nunha aula do Ciclo superior de Comercio Internacional do IES Pontepedriña de Santiago de Compostela.
  • O 21 de marzo con tres grupos de 1º e 2º de Bacharelato no Colexio Amor de Dios de Vigo.

sistemaantinosotrosglobalbanking43_16_smallNo primeiro e no terceiro centro puidemos usar a unidade didáctica adaptada que temos dispoñible para os que así desexen utilizala complementándoa con materiais audiovisuais adaptados a cada caso.  A base de partida era diferente en cada un dos centros, pois algunhas das persoas xa tiveran a oportunidade de ver o programa sobre Finanzas Éticas de Documentos TV e outras tiñan menos coñecemento do que alí iamos falar.  En calquera caso tentamos centrarnos na realidade económica, financeira, social… na que nos atopamos na actualidade para despois pasar a falar das alternativas existentes.   O alumnado asistente estivo atento e animouse a participar, o que permitiu a resolución de bastante dúbidas e, o que é aínda mellor, conseguiuse espertar o interese por afondar e informarse sobre a economía social e solidaria, polas finanzas éticas e por outra forma de facer, de pensar, de crear…

irEstas charlas son posibles grazas á colaboración e sinerxias de moitas persoas.  Deste xeito, é un feito que nas vindeiras semanas (o 8 de maio) podemos participar nunha charla para toda a comunidade educativa no IES Auga da Laxe de Gondomar para toda a comunidade educativa.  Se podes asistir, participa! Alí nos vemos!

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 838 segidores