I Feira da Economía Social da Coruña e moito máis!

ConcertoFiareGaliza-17maio2013Este mes de maio está cheo de actividades nas que Fiare Galiza participa por toda a nosa terra.  Esta semana e a vindeira non serán unha excepción: hoxe, 8 de maio de 2013, presentamos o noso proxecto para toda a comunidade educativa no IES “Auga da Laxe” de Gondomar; o vindeiro mércores, 15 de maio de 2013, formaremos parte do ciclo de palestras “Creando alternativas II”, organizada pola Asemblea Aberta Ourense e na proxección-coloquio de finanzas éticas do documental “Con tu dinero” que terá lugar en Redondela.  En ambos casos estaremos xunto coas compañeiras e compañeiros de Coop57 Galiza e AIS O Peto.  Os momentos para o lecer tamén son tidos en conta polo que poderedes disfrutar dun concerto que se celebrará o venres 17 de maio de 2013 no Carballiño.

IFeira-Corunha-11maio2013Tamén, por suposto, participaremos cunha charla sobre banca ética (aquí tes unha sinxela presentación sobre Fiare Galiza), un monólogo sobre banca ética, información… este sábado, 11 de maio de 2013 na I Feira de Economía Social da Coruña

A comunidade de Coruña xunta ás organizacións solidarias de Galiza para celebrar o Día do Comercio Xusto. Un día que ten a finalidade de lembrar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e tamén a calidade da nosa propia vida.

Nesta idea de comercio, e por extensión de economía, existen multitude de empresas e organizacións que traballan dignamente por acadar uns fins diferentes ao de maximizar o beneficio. Unha economía na que as persoas son o máis importante, e o capital está ao servizo destas persoas e da comunidade. Unha economía solidaria, participativa e na que substituímos competir por compartir.

É por iso polo que, nesta sinalada data, o vindeiro sábado 11 de maio de 2013, organizamos unha Feira da Economía Social que terá lugar na Praza de Pontevedra de Coruña de 11:00 a 21:00 horas. Un lugar de encontro de diferentes empresas e organizacións que comparten esta idea de economía. Nela participarán organizacións de comercio xusto e cooperación, consumo responsable, banca ética, bicimensaxería e promoción da bicicleta, urbanismo e arquitectura sustentable, enerxías renovables, cociña solar, reutilización e reciclaxe, música libre, arte, software libre, tecnoloxía aberta, bancos de tempo, redes de troco…

Nestes tempos nos que a economía está desprestixiada, na que desconfiamos de todo pero dun modo ou doutro seguimos alimentando a roda deste sistema inxusto, queremos visibilizar ás persoas e colectivos que tamén son economía, pero economía social. Proxectos que podemos potenciar, aos que derivar o noso consumo e nos que podemos tamén participar.

Nesta feira poderemos:

  • Mercar produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doces, …) e tamén pratos preparados. Come san, rico e local!
  • Trocar todo aquelo que non uses por outras cousas que necesites.
  • Coñecer outras alternativas ao teu consumo eléctrico.
  • Coñecer outras alternativas á banca convencional.
  • Coñecer como conseguir servizos e bens sen cartos.
  • Descubrir e debater sobre diferentes e interesantes temas como: o comercio xusto, o consumo responsable, a banca ética, a música libre, o software libre, a tecnoloxía aberta, …
  • Ver en funcionamento cociñas solares.
  • Escoitar música libre.
  • E moitas cousas máis!

As organizacións que confirmadas que participarán nesta feira son:

Anímate a participar!

Abril 2013: Fiare Galiza chega a máis lugares da nosa terra!

O mes de abril que acaba de rematar veu cargado de actividades coas que Fiare Galiza segue a percorrer as distintas vilas galegas e coas que pouco a pouco se vai afianzando na nosa terra.  Isto último queda ben de manifesto co encontro do GIT Fiare Galiza Sur (o 25 de abril de 2013, nesta ocasión en Ourense) e coas numerosas reunións dos diferentes grupos locais que se seguen a estender por todo o territorio: en Ourense, o 1 de abril; en Vigo, o 11; o 15, en Coruña e Santiago de Compostela e o 23 en Lugo.  Como podedes ver hai moitas posibilidades de participar desde o voso lugar de residencia, aínda que no caso que non poida ser, anímate a informarte como podes facer!

Fiare-XD-abril2013-IIOutra cita ineludible, como vén sendo habitual cada mes e medio ou dous meses, o 13 de abril, tivo lugar no local de Panxea (socia de Fiare Galiza): a reunión da Xunta Directiva de Fiare Galiza.  A este encontro podemos asistir todas as persoas socias que así o desexemos e ademais deste xeito podemos coñecer máis de preto cal está sendo a evolución do proxecto, como todo se está a coordinar…  A próxima será o 29 de xuño, lembra reservar a data!

Este cuarto mes do ano 2013 deu para moito máis! Houbo unha chea de encontros, charlas-coloquio…:ForumMetropolitano1abril2013

  • O 1 de abril participamos na palestra que sobre banca ética organizou a AAVV de Oza-A Gaiteira-Os Castros no Forum Metropolitano (A Coruña).  Xa vedes que tamén é posible coñecernos desde a túa asociación de veciños.  Contacta connosco e proponnos datas!
  • charlaslaracha-5abril2013O 5 de abril fomos convidados a formar parte da mesa sobre “Consumo responsable e banca ética” xunto con Zocamiñoca (socia de Fiare Galiza) na Charla do Mes organizada por A Casa da Leiteira, colectivo cultural da Laracha en Arteixo.  Foi moi enriquecedora a experiencia.
  • Os días 16, 17 e 18 de abril puidemos disfrutar das proxeccións do documental “Con tu dinero” en Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e PontevedraContudinero-Pontevedra-IIContamos coa presenza do seu director Íker Espúñez e formamos parte das charlas-coloquio sobre finanzas éticas nas que participamos xunto con Amarante-Setem, Adicae, Coop 57 Galiza e AIS O Peto.
  • O 20 de abril fomos convidados pola Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista Treze Catorze a participar na charla-coloquio “Outra banca é posible: FIARE”.  Tivo lugar na Tabertenda de Salceda de Caselas.  Houbo unha gran participación.  Comezamos cunha brFiare-20abril2013-IIIeve introdución sobre finanzas éticas e posteriormente proxectamos un vídeo elaborado con material de diferentes documentais, o que nos permitiu entrar máis de cheo no que é e supón o proxecto Fiare.  Unha vez máis, podemos comentar que Fiare cada vez está a chegar a máis xente que non dubida en preguntar nas charlas todo o que considere do seu interese para poder coñecernos mellor.
  • O 25 de abril tivemos ocasión de levar a cabo en Mos a proxección dun vídeo sobre finanzas éticas  na Xornada de Cooperativismo “Unha resposta a crise, unha alternativa de emprego”.
  • BouEva-27abrillalin-abril2013O 27 de abril seguimos promovendo a construción de alternativas cunha charla sobre banca ética xunto con Coop 57 Galiza e AIS O Peto en Lalín organizada polo grupo de consumo Tarabela.  Tamén o mesmo día, asistimos á charla-coloquio “Outra banca é posible: FIARE” organizada pola Asociación Cultural Bou Eva deVigo.  En ambos os dous encontros fixemos unha pequena introdución do que son as finanzas éticas e presentamos as diferentes iniciativas presentes na nosa terra, o que permitiu ao final fora posible un frutífero diálogo.

Nas vindeiras semanas estamos convencidos de que o ritmo non decaerá.  A continuación tedes unha listaxe de varias das vindeiras citas:

  • O 2 de maio, faremos unha presentación de Fiare no Banco do Tempo da AA.VV. de Valadares de Vigo.
  • O 6 de maio serán as reunións dos Grupos Locais de Ourense (18:30 horas) e de Coruña (19:30 horas).
  • O 8 de maio participaremos nunha charla no IES “Auga da Laxe” de Gondomar para toda a comunidade educativa.  No mes de marzo tivemos a oportunidade de estar noutros tres centros educativos dos que gardamos unha boa lembranza.

20130119-AsembleaFiareGaliza-1bAgardamos que todos estes actos, sumándose aos xa realizados sigan a contribuír á difusión de Fiare.  Se estás interesado/a en coñecernos máis podes solicitar información e/ou convidarnos a participar en charlas ou encontros no centro de estudos onde estudas ou traballas, no colexio profesional ao que pertences, na asociación de veciños da que formas parte, na túa cooperativa ou grupo de consumo…  E, sobre todo, anímate a participar!

Non podemos rematar este “pequeno” resumo sen agradecer a todas as persoas que co seu traballo gratuíto están a facer todo isto posible e lembramos que na última reunión da Xunta Directiva puidemos dar á benvida a unha nova entidade socia que é a primeira comunidade de montes veciñais en participar en Fiare Galiza: a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso (Gondomar).

Unha semana proxectando BANCA ÉTICA en Galiza

Coa chegada do sol primaveral, na terceira semana de abril, desenvolveuse en varias cidades galegas unha actividade moi especial: a estrea do documental sobre finanzas éticas “Con tu dinero”, onde se fai un percorrido pola historia recente do activismo de denuncia ante as malas prácticas da banca convencional e en paralelo se recollen testimonios e experiencias sobre economía solidaria e financiamento ético.

VentodoSul-ContudineroA actividade, promovida por Fiare Galiza e Amarante Setem (entidade socia do proxecto), tivo lugar en Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Pontevedra, en 4 xornadas intensas nas que máis de 150 persoas visionaron de xeito colectivo o documental. En Vigo e Pontevedra contouse coa presenza de Iker Espúñez, director da creación, quen acompañou nos animados coloquios desenvolvidos tras cada proxección xunto con representantes de Fiare Galiza, Coop57 Galiza, AIS O Peto, Amarante Setem e mais ADICAE. Foron numerosas as reflexións sobre “malas e boas” prácticContudinero-Compostelaas bancarias, as diferenzas entre modelos de banca ética participativa e non participativa, arredor do carácter non lucrativo definitorio dos modelos de financiamento ético que aparecen no documental, así como da próxima posta en marcha no estado español da nosa cooperativa de crédito.

Contudinero-Vigo-2013-04-17 19.56.32Contudinero-Pontevedra-IIAs sesións serviron para que numerosas persoas e colectivos se achegasen a coñecer Fiare Galiza e ir sumando novas persoas socias que queren construír unha economía ao servizo da xustiza. En maio está previsto continuar co visionado do documental noutras vilas e cidades galegas, así que estade atentas e atentos ao noso calendario de actividades, agardámovos nas mellores salas de cinema!

Fiare tamén nos centros de ensino!

No mes de marzo tivemos a oportunidade de achegarnos a varios IES aos que fomos invitados:

  • O 18 de marzo nunha clase de 1º de Bacharelato no IES Alexandre Bóveda de Vigo.
  • O 19 de marzo nunha aula do Ciclo superior de Comercio Internacional do IES Pontepedriña de Santiago de Compostela.
  • O 21 de marzo con tres grupos de 1º e 2º de Bacharelato no Colexio Amor de Dios de Vigo.

sistemaantinosotrosglobalbanking43_16_smallNo primeiro e no terceiro centro puidemos usar a unidade didáctica adaptada que temos dispoñible para os que así desexen utilizala complementándoa con materiais audiovisuais adaptados a cada caso.  A base de partida era diferente en cada un dos centros, pois algunhas das persoas xa tiveran a oportunidade de ver o programa sobre Finanzas Éticas de Documentos TV e outras tiñan menos coñecemento do que alí iamos falar.  En calquera caso tentamos centrarnos na realidade económica, financeira, social… na que nos atopamos na actualidade para despois pasar a falar das alternativas existentes.   O alumnado asistente estivo atento e animouse a participar, o que permitiu a resolución de bastante dúbidas e, o que é aínda mellor, conseguiuse espertar o interese por afondar e informarse sobre a economía social e solidaria, polas finanzas éticas e por outra forma de facer, de pensar, de crear…

irEstas charlas son posibles grazas á colaboración e sinerxias de moitas persoas.  Deste xeito, é un feito que nas vindeiras semanas (o 8 de maio) podemos participar nunha charla para toda a comunidade educativa no IES Auga da Laxe de Gondomar para toda a comunidade educativa.  Se podes asistir, participa! Alí nos vemos!

Reportaxe en “Hoxe por ti”

Fiare Banca Ética naceu no 2003 como modelo alternativo ao mercado financeiro tradicional. Este proxecto busca a construción dunha economía que poña os seus valores ao servizo dunha sociedade máis xusta, participativa e inclusiva.  Aquí podedes ver a reportaxe emitida en HOXE POR TI o 24/04/13.

No programa “Ondas do Cárcere” falan (e rapean!) de Banca Ética

Fiare-serNo programa “Ondas do Cárcere” de Cuac FM falou Rodrigo Osorio do grupo local de Fiare Galiza en Coruña.  Fai unha exposición da filosofía e das formas de xestión da Banca Ética.

A partir do minuto 46 tedes a oportunidade de volver a escoitar a Rubén Constenla rapeando a capella e en directo unha loa á Banca Ética.

Para escoitar o podcast preme na imaxe da dereita.

Que e quen son “Ondas do Cárcere”?

OndasdoCarcereDesde o 9 de Novembro de 2012 a plataforma Proxecto Cárcere emitimos o programa radio Ondas do Cárcere grazas ao premio concedido pola Cuac FM en Xullo de 2011 no que se elixiu á Plataforma Proxecto Cárcere como mellor colectivo cidadá que traballou a prol da nosa cidade nese ano.

Ondas do Cárcere pretende ser un espazo mais de inter-comunica-acción onde toda a cidadanía podamos aportar ideas, experiencias e coñecimentos cara a recuperación do antigo cárcere da Torre para uso público. O programa realízase cada 15 días de 21 a 22h na CuacFM 103.4FM. 

Podes escoitalo na radio no 103.4 FM e por internet no link http://cuacfm.org/directo/. Tamén está disponíbel en diferido os domingos ás 10h e os mércores ás 15 h.

Acción directa por unha banca ética. “Na loita non hai atallos”.

Autor: Marcos Rebollo Fidalgo.

A loita contra a crise-estafa ten un obxectivo claro: a banca tradicional. Cada vez máis colectivos súmanse á protesta contra as entidades non democráticas que mandan na democracia e, á vez, propoñen unha banca ética que vele por unha economía real para a cidadanía.

Baixo o hashtag #dibumeeting, os “toqueadores” a Bankia preparan a acción do vindeiro 9 de maio con irónicas chiscadelas contrapublicitarias.

En 2007, mozos do Colectivo Situaciones (afin ao grupo V de Vivenda que coa súa No tendrás casa en la puta vida puxo a primeira semente da Plantaforma de Afectados pola Hipoteca -PAH-) invadiron un almacén de IKEA en Barcelona. Baixo a consigna ¿Qué república, qué independiente, qué casa? pasáronse a mañá guerreando con almofadas, comendo e botando a sesta. A acción bebía da sociedade do espectáculo, o manifesto situacionista de Guy Debord que tanto influíu ao Maio do 68, unha mestura de marxismo antiestalinista e anarco-surrealismo que, na práctica, concretábase na creación colectiva de situacións para criticar o sistema.

Moito deste espírito lúdico-indignado recóllese en accións contra a estafa dunha banca, a española, rescatada co diñeiro dos recortes. E Bankia (ese buraco baleiro que funciona como perfecta metáfora do saqueo español) é unha das dianas máis visibles para a intervención directa. Desde a arte flamenca en sucursais bancarias do colectivo Flo6x8 (o seu bulería Bankia, Pulmones y branquias acumula en Youtube 1,1 millóns de visitas) ao Toque a Bankia, unha acción planificada para o 9 de maio que só en Facebook gusta xa a 4.170 persoas.

G.I.L.A., “activismo cutre-vándalo” nado á calor do 15-M, foi o primeiro “en namorarse desta iniciativa”, que o colectivo Hacktivistas comezou a idear no verán de 2012. Para que expliquen a acción, quedamos na marabunta (un combativo café-libraría de Lavapiés cuxa tranquilidade vespertina contradi o seu nome) con tres integrantes deste grupo madrileño e clandestino (ao que xa lle saíron spin-off en Tenerife, Huelva e Barcelona). E por aquilo da clandestinidade, prefiren chamarse, por exemplo, Gila1, Gila2 e Gila3.

“É o momento de pasar á acción contra os bancos”, comenta Gila1. “O outro día vimos como un post virábase moito máis que outros. Será pola hora? E, que bah! Era polo contido, que dicía: Tanto tempo mirando cara atrás nos caixeiros por se nos roubaban e resulta que hai que mirar cara adiante?. O grupo, formado por unhas 16 fans do humorista español (“contactáronnos os seus descendentes e encantáronlles as nosas accións, até se apuntaron a algunhas”), xa actuara contra os bancos nas súas intervencións máis soadas (que lanzan en Twitter, fan na rúa e verten á rede), como #tubasuralbanco (un chamamento durante unha folga de lixos para que a xente deixase as súas bolsas á entrada de sucursais) ou a #operaciónlolaflores, “unha acción de rescate directo á banca amadrinando caixeiros”. Que a Faraona pediu unha peseta a todos os españois cando Facenda pillouna? Pois G.I.L.A. pediu deixar un centimillo pola ranura onde sae o diñeiro. Ideouse para a última folga (14-N), “aínda que se seguen facendo lolas”. Gila3 precisa: “Foi unha acción clásica de piquete pero lanzada doutra forma, no canto de petar caixeiros encapuchados”. E Gila2 asente: “Divertida e fácil, que o poida facer a miña avoa”.

Outras accións do colectivo G.I.L.A.: entregarse á policía, decorar bolardos de Madrid coas mallas das Pussy Riot ou deixar o lixo nos bancos, que inspirou a outro grupo en Portugal.

O mesmo ánimo preside Toque a Bankia. “A intervención será pacífica, creativa e baseada no cansinismo”, comenta Gila1, sorrindo ao lembrar que tras a acampada de tres meses coa PAH xunto á oficina central de Bankia, na madrileña rúa Celenque, alguén dixo: “estes de o 15M son pacíficos, si, pero tan pousados!”.

Toque a Bankia é moitas cousas (folga dirixida, apechusque situacionista, mercadotecnia de guerrilla, ataque presencial DDoS -de denegación de servizo, o método usado por Anonymous-), pero para explicalo sinxelamente trátase de colapsar, “con risco cero”, as súas 2.700 oficinas o próximo 9 de maio, acto inaugural para a semana do 2º aniversario do 15M dentro do Maio Global. Os seus obxectivos? O tres da PAH (paralización de desafiuzamentos “en Madrid, o 80% execútaos esta entidade”, dación en pago retroactiva e aluguer social), ademais da devolución das preferentes (300.000 estafados, dío até a CNMV), auditoría cidadá da súa débeda e nacionalización real da entidade.

O proceso é sinxelo e volverase a repetir até conseguir os obxectivos. Hai que entrar na  web de código aberto (poderase utilizar para outras accións) que xeolocaliza a túa oficina máis próxima. Ao redor dela hai un foro para discutir accións que formen colas tan longas que a xente pase de entrar. Exemplos? Os tres improvisan: “Cambiar céntimos por euros contándoos un a un, desvanecerse, quedar bloqueado na porta, que che lean os 17 folios de comisións para abrir unha conta porque non trouxeches as lentes ou preguntar ‘que tal o ERE?’ e volver á fila como un indio… En fin, que renda a creatividade!”.

A falta de 16 días para a acción, se han ir apuntando cada vez máis grupos, como a PAH,  ADICAE (colectivo que defende a usuarios de bancos e caixas) ou a Plataforma pola nacionalización da banca de Attac. A difusión está a ser frenética nas redes, pois para que a acción teña éxito ten que ser masiva. “Con 100.000 persoas tombamos Bankia”, emociónase Gila3. Por agora, a actividade nos foros da web está a ser máis alta en zonas rurais que en grandes urbes, o que concorda coa súa hipótese de partida, que a ferramenta “permitiría conectar a xente sen redes activistas previas”. E para os que teñan vergoña, prefiran o clickactivismo ou non poidan escaparse do traballo esa mañá, tamén está a opción de chamar por teléfono: sacaron unha app para Android cos teléfonos de atención ao cliente de todas as sucursais.

O reto, engade Gila2, é “apropiarse da gramática do poder para sabotearla. O ideal sería que non se distinga ao típico pesado do saboteador”. E Gila1 conclúe: “As ideas están en todas as cabezas. O grupo contrapublicitario Adbusters planea algo parecido contra Goldman Sachs e xente de Occupy Wall Street pediunos usar o código da web”.

Cartaz da campaña ReMueve tu dinero, que organizan 27 colectivos de todo o Estado.

Ao norte do país, en Portugalete, responde o teléfono Álex Corrons, 31 anos, xornalista e fundador de YoNoPago, un grupo de 15 persoas sen caixa de resistencia e con 26.600 seguidores en Facebook que participará o vindeiro xoves 25 de abril na acción Asedia o Congreso da Plataforma En Pie, e que montou campañas contra o euro por receita, para non pagar peaxes en autovías e no metro (ante a subida de taxas) ou que avogan pola insubmisión fiscal “cos gastos que non contribúen ao ben común, como os militares ou a débeda”.

Pero estes días, a campaña desobediente que lle rouba a Álex horas de soño é ReMueve tu dinero, unha acción elaborada por 27 colectivos que se desprega en dúas fases. 1ª) Que a xente venda as súas accións, cancele contas e fondos de investimento ou de pensións. 2ª) Que ingrese os seus aforros na banca ética e cooperativa, “entidades que traballan por unha economía real e produtiva”, como Coop57 (servizos financeiros solidarios), Som Energia (enerxías renovables), CASX (autofinanciación social en rede), Oikocredit (banca ética dos Países Baixos) ou Fiare (unha entidade europea que a partires de finais de 2013 ou comezos do 2014 aceptará contas correntes). Na web da campaña debullan as malas prácticas de 20 bancos, como o BBVA (o que máis inviste en produtoras de armas prohibidas), Santander (que pechará 700 oficinas e prestou 700 millóns de € a fabricantes de armas nucleares) ou La Caixa (que expón un ERE que afectará a 2600 persoas e prestou a Urdangarín e a infanta 4 millóns de € para o seu palacete de Pedralbes). Na lista non se salva nin ING que, por exemplo, posúe accións da petroleira Total, colaboradora coa ditadura birmana.

“Moitos protestan contra bancos e logo teñen o diñeiro nesas oficinas. Por que, se son uns chourizos?”, pregúntase Álex. El mesmo responde: “Contan co descoñecemento e a comodidade da xente. Hai que loitar contra o mantra de que nunca crebarán e contra a imaxe que se fabrican coas súas campañas publicitarias e os seus agasallos en plan, abra unha conta aquí e regalámoslle unha tele de plasma. É un bombardeo continuo. E o asunto entronca co eterno dilema entre unha sociedade individualista ou unha cooperativista, solidaria, cunha mirada global. Ensínannos desde chiquitos a competir e non a compartir, un valor ausente pero que aos poucos vai florecendo”. Por iso defende ReMueve tu dinero, unha campaña “de transición para ir construíndo unha economía alternativa” que escape a este caos que Álex resume nunha frase contundente: “A gran estafa é que o diñeiro non existe. A débeda mundial é 24 veces a masa monetaria. E é imposible multiplicar o crecemento por 24″. “Por iso”, conclúe, “o obxectivo desta campaña é concienciar á xente, cavar ocos e gretas no Sistema, que se engrasa co noso diñeiro”. E non é ningún iluso, sabe que quizá non cheguen a recadar o medio millón de euros que o activista Enric Durán (alias Robin dos bancos) expropiou nos anos do sobreendeudamiento a 39 entidades, pedindo préstamos que non devolveu para financiar proxectos anticapitalistas. Pero todo suma. O camiño é longo. E, como di a ecofeminista Yayo Herrera, “na loita non hai atallos”.

Fonte: Periodismo Humano.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 838 segidores