Banca española e armas ilegais

A actual globalización económica trouxo consigo o concepto de consumo responsable. A idea subxacente é que a globalización causou un gran impacto sobre as poboacións e o medioambiente no mundo. Os estados, impotentes ante a súa progresiva perda de poder, mostráronse máis proclives a favorecer a expansión das súas empresas nacionais que a controlar o seu impacto no exterior. O consumidor, por tanto, pasou a ser o protagonista á hora de esixir un comportamento ético ás empresas.

Como consumidores colaboramos a través das nosas opcións de consumo con multitude de proxectos e empresas. Unha forma sutil de colaboracionismo que con frecuencia esquecemos é a que se establece entre os nosos depósitos e os diferentes proxectos que a nosa entidade financia con eles. E para falar deste tema fixareime en catro compañías que producen armas moi controvertidas: Lockheed Martin, L-3 Communications, Textron e EADS.

As tres primeiras venden mísiles con cargas de “racimo” e son estadounidenses e a última produce mísiles que albergan cargas nucleares e é europea. Este armamento, de ser utilizado nun conflito armado como medida de ataque, sería considerado ilegal segundo o dereito internacional humanitario por ser armas que non distinguen entre civís e combatentes e por infrinxir un sufrimento innecesario.

Que relacións teñen as entidades financeiras españolas e polo tanto os nosos depósitos e investimentos neste catro compañías?

A día de hoxe, parece ser que non hai entidades financeiras españolas que financien a través de créditos ás tres empresas norteamericanas. Iso si, moitas delas ofrecen un índice financeiro chamado S&P 500 que inclúe a 500 empresas norteamericanas, entre elas ás tres citadas. Este produto financeiro funciona de tal forma que cando o cliente inviste nel está a comprar nas práctica accións de 500 compañías estadounidenses e estaas, por tanto, financiado. Bancaja, Banco Santander, Bankinter, BBVA, Caixa Madrid e La Caixa son as entidades españolas que ofrecen este produto financeiro. Ademais disto, Tecnobit, empresa militar participada nun 33% por Caixa Navarra, un 29% por Caixa Castela a Mancha e un 6% por Caixa Burgos, fornece compoñentes a Lockheed Martin.

Por outra banda, o consorcio aeronáutico europeo EADS, ao ser un gran conglomerado europeo e ter presenza en España, é financiado directamente por entidades españolas. Entre estas entidades atópanse Banco Santander, Bankinter e BBVA. Ademais, existen empresas españolas con produción militar que son provedores de EADS e ademais están participadas por entidades financeiras españolas. Trátase por unha banda de Aernnova, participada nun 23% por Caixa Castela a Mancha, e por outro Alestis, participada nun 15% por Cajasol e un 14% por Unicaja.

En conclusión, a través dos nosos depósitos e investimentos financeiros podemos estar a financiar máis ou menos directamente a compañías que non comparten os nosos valores. É importante ter isto en conta porque se desexamos que as empresas teñan un comportamento ético en todos os ámbitos é necesario que apliquemos primeiro a mesma regra ás nosas opcións de consumo.

Máis información:

– Sobre el BBVA: www.bbvasinarmas.org
– Sobre Caja Navarra: nota del MOC
– Sobre outros bancos internacionais: www.banksecrets.eu

– Sobre BSCH: http://www.bancosantandersinarmas.org/

Artigo escrito por Miquel González, membro de Centre d’Estudis per la Pau J.M.Delàs – Justícia i Pau

Fonte: http://www.economiasolidaria.org/noticias/banca_espanola_y_armas_ilegales

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: