VALOR SOCIAL: UNHA ACHEGA QUE EMPEZA EN CADA PERSOA

A primeira razón pola que cada persoa debe reflexionar sobre a súa achega de valor social pode non ser a primeira que lle motive, nin tan sequera a primeira coa que constrúa o seu argumentario. Conforme se profundiza no sentido do valor social tense máis claro que a primeira razón é e debe ser a honestidade. Honestidade cun mesmo e con aquelas persoas confiadas en que, do noso traballo, frutifiquen resultados que acheguen solucións reais para todas as persoas. Honestidade porque outras tantas necesidades por cubrir verán restrinxidos os seus camiños ao ter detraído recursos para levar a cabo algo que estamos convencidos é importante. Podémonos sorprender do difícil que nos resulta, en máis dunha ocasión, atopar nin tan sequera a honestidade cun mesmo.

Non é esta, por ser a máis importante, a única razón pola que se chega a evidenciar a necesidade dun coñecemento sobre o valor real do que achegamos a esta sociedade co noso traballo. Tamén chegamos cando á vez que honestos, queremos ser eficientes na nosa xestión e execución. Vivimos nun mundo que se empeña en mostrarnos que é limitado e que o recurso que hoxe se aplica aquí, nalgún outro lugar non pode ser aplicado. A responsabilidade da xestión dos recursos non só nos ha de levar a xerar beneficio social, senón que teñen que ter unha aplicación máis eficiente que calquera outra na que puidese ser aplicado.

Son aínda máis as razóns polas que necesitamos coñecer o valor daquilo que achegamos. Necesitamos dar a coñecer, visibilizar o noso traballo. Para iso é necesario ter unha linguaxe que sexa comprensible por e para calquera persoa e especialmente, por aquelas que queremos entendan a importancia e necesidade de avanzar nas liñas de traballo que estamos a desenvolver. Pero, como imos explicar que estamos a achegar se nin nós mesmos o sabemos? Falamos dun nós tan extenso que ninguén se escapa do mesmo: ONG’s, administración, empresas, universidades, consumidores, sindicatos, cidadáns… Todo actor desta sociedade, quéirao recoñecer ou non, é un actor social e debe achegar valor á mesma, valor social.

Máis preto resúltanos, por necesidade, o poder xustificar ante un financiador o resultado do seu investimento, aquilo que xa se deu en chamar o SROI, taxa de retorno do investimento social. Este indicador nin tan sequera se tentou utilizar cando se esixiu a xustificación do gasto de diñeiro proveniente das administracións e das obras sociais das caixas. O importante é que o gastou e non cal foi a súa eficiencia. Mesmo cando se introducen indicadores de éxito, estes distan notablemente de reflectir z utilidade. No entanto, algún filántropo si esixe información sobre o retorno do investimento co ánimo de xustificar ante os propietarios do capital a calidade do investimento realizado. Esta é seguramente, a razón máis estendida, que non a única nin a máis importante pero canto menos, é un avance.

A pregunta fixémonola todos, ou sería de esperar que así fose:

Que é o que achego a esta sociedade? Cal é o meu valor social achegado, o meu valor social engadido?

Se o que fago é necesario e fágoo ben teremos que poder seguir facéndoo e se non é así debería deixar de utilizar recursos que outro non está a poder utilizar para levar a cabo outras accións que sexan necesarias ou si saiba como executalas.

Deberiamos estar convencidos do que facemos, da súa utilidade e da necesidade de continuar facéndoo. Sabemos de moitas carencias que esixen reaccións de quen poidan resolver, nunha parte nós somos axentes sociais que podemos resolver algunhas necesidades de terceiros que hoxe soportan un sistema inxusto e excluínte. O fin é nobre e en ocasións parece xustificalo todo, ou case todo. É certo que os medios que utilizamos tentan non xerar máis dano, que mesmo os hai que traballamos baixo os criterios dunha economía solidaria coa súa tripla perspectiva social, medio-ambiental e económica. A cuestión é se ademais de eficaces, estamos a ser eficientes.

O valor social parece que é algo que mana das fontes das ONG’s e todo o máis, da administración pública. Nada máis erróneo. Esta é outra razón de fondo pola que debemos coñecer o valor social das nosas accións para transmitir non só as que nós podamos estar a xerar senón para ensinar a recoñecer a toda a sociedade o valor social das súas accións. Non buscamos ningunha exclusiva como produtores de valor social, ao contrario. Hai que coñecer e hai que recoñecer en cada actor social a súa achega.

Para devolver o sentido común a un sistema absolutamente desorientado imos ter que aprender a falar noutros termos, traballar doutras maneiras e sobre todo, recoñecernos como actores sociais todos e cada un dos membros dunha sociedade calquera que esta sexa. Unha acción de calquera actor ten consecuencias sociais, medio-ambientais, culturais e económicas. O esforzo hoxe, hai que polo en alcanzar metodoloxías sinxelas e correctas que nos axuden a realizar ese recoñecemento sen necesidade de grandes sistemas de auditoría nin máis confusas homologacións que ademais volven consumir recursos escasos e necesitados. Corremos o perigo de que o diñeiro volva terminar lonxe de quen verdadeiramente o necesita.

Na sociedade cada un temos o noso papel, todos somos importantes e necesarios. Non todos os actores van ter a necesidade de entrar en sistemas complexos de xestión para actuar de forma corresponsable, así estivo ocorrendo até agora. O consumidor doméstico non realiza os mesmos procesos de elección que un concello ou que unha empresa. Da mesma maneira, o coñecemento e recoñecemento do valor social non se ha de realizar da mesma maneira por todos os actores. Debemos entrar nun proceso de xeración de coñecemento e posterior expansión de forma que facilite a cada actor social as ferramentas necesarias para ser prol-activos e partícipes na produción global de valor social. Este valor é ademais, un compoñente natural e necesario nun modelo realmente sustentable da economía. O resultado deste esforzo será o coñecemento do ciclo de valor social e a súa xestión. Un ciclo que é necesario para unha explicación real e certa da evolución dunha sociedade, os parámetros utilizados comunmente atenden a resultados económico-financeiros exclusivamente e cada vez móstranse menos útiles como indicadores da realidade das sociedades.

O ciclo de valor social completará a construción dun novo modelo económico no que todos os seus partícipes suman o achegue social e o medio-ambiental ao económico-financeiro sendo este último, o que até agora parecía ser o único. O coñecemento, recoñecemento, valoración, valorización recuperación do valor social para ser reintroducido no sistema de xeración configura o ciclo que suma e explica un ciclo económico real e integral.

Un dominio sobre o ciclo de valor social como parte do modelo económico vixente, faranos desembocar na xestión social da economía. Este paso, complexo pero non imposible, acompañará o esforzo de moitas persoas que en todo o mundo hoxe están a traballar por unha nova economía social e solidaria.

A XESTIÓN SOCIAL DA ECONOMÍA é a meta que debemos alcanzar no longo prazo para poder falar dun cambio social significativo e suficiente que garanta a todas as persoas un lugar digno neste mundo.

É O NOSO OBXECTIVO, O DE TODOS

NITTÚA

Núria González García

Raúl Contreras Comeche

Fonte: http://nittua.wordpress.com/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: