Fiare organiza a primeira reunión de Grupos de Implantación local

Os próximos 17-19 de Setembro terá lugar nas instalacións da cooperativa de ensino Ibaizabal Ikastola de Durango o primeiro encontro de Grupos Locais de Fiare do Estado español, organizado coa colaboración da Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Euskadi, socio fundador e unha das redes promotoras de proxecto Fiare.

Durante ese fin de semana, máis de oitenta persoas procedentes do trinta e catro grupos locais que o Proxecto Fiare de Banca Ética mantén activos en todo o estado reuniranse para debater e profundar sobre aspectos tan relevantes do Proxecto como a súa estrutura social e xurídica, os seus principios inspiradores, o seu sistema de adecuación ética ou os seus produtos financeiros. Tamén se dedicará un tempo a analizar a experiencia de Banca Popolare Ética, entidade italiana pioneira no campo da Banca Ética que leva desenvolvendo con éxito o seu modelo durante máis de dez anos. Para iso contarase coa presenza de Ugo Biggieri, elixido o pasado maio novo presidente de Banca Popolare Ética.

Xunto aos grupos existentes nas territoriais xa formalmente integradas no Proxecto (Euskadi, Navarra, Catalunya, Madrid, Andalucía-Estremadura, Galiza, Canarias, Valencia e Castela-León), acudirán por primeira vez persoas dos grupos que se van creando noutros territorios como A Rioxa, Baleares ou Murcia.

O Proxecto Fiare

O Proxecto Fiare de Banca Ética, impulsado desde 2003 por máis de seiscentas organizacións sociais de todo o estado, dá un paso máis no seu proceso de consolidación dun proxecto que conseguiu reunir até o momento máis de 23 millóns de euros de aforro e apoiou o financiamento de máis de cen proxectos de alto impacto social, en ámbitos como a loita contra a exclusión, a cooperación ao desenvolvemento, a agroecoloxía ou o cooperativismo, por un valor total superior ao catorce millóns de euros. Conta con oficinas permanentes en Bilbao, Barcelona e Madrid e presenzas regulares en máis de dez puntos de toda a xeografía de España.

Fiare proponse como obxectivo para os próximos anos consolidar unha base social de máis de dez mil persoas e organizacións, que totalicen un capital social superior aos cinco millóns de euros, e unha actividade de aforro e crédito suficiente para manter unha estrutura cooperativa de Banca Ética viable e dinámica.

Banca Popolare Ética

Banca Popolare Ética, entidade italiana da que Fiare é actualmente axente en España, é unha cooperativa de banca ética que leva operando de forma sustentable desde fai máis de dez anos. Conta cunha base social superior ás 30.000 persoas e organizacións, e foi a fundadora da Federación Europea de Bancos Éticos e Alternativos, da que Fiare é membro. Banca Popolare Ética concedeu financiamento a máis de catro mil proxectos de alto valor social, por un importe superior aos cincocentos millóns de euros e ten recollido aforro por encima dos 700 millóns de euros.

Banca Popolare Ética ten unha rede de trece oficinas en Italia e unha estrutura con máis de sesenta grupos de implantación local. Estes grupos son os elementos centrais dun modelo moi innovador de participación que Fiare está a tentar adaptar ao seu contexto. Por iso é polo que Fiare inclúe no encontro do próximo fin de semana a conferencia de Ugo Biggieri, recentemente elixido presidente de Banca Popolare Ética.

Para máis información sobre o proxecto Fiare:

Neste blog, en  info@fiare.org e en www.proyectofiare.com

Oficinas de Fiare:
Bilbao: C/ Santa María, 9 – Bilbao. Tel. 944153496
Barcelona: C/ Providencia 208024 – Barcelona Tel. 933689982
Madrid: C/ Gaztambide, 50 Baixo 28015 – MADRID 679847922

Banca Popolare Ética: www.bancaetica.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: