Máis de 90 representantes de 31 grupos locais de Fiare déronse cita en Durango (Bizkaia)

www.economiasolidaria.org

O pasado fin de semana (17-19 de Setembro) celebrouse nos locais da cooperativa de ensino ikastola Ibaizabal de Durango o primeiro encontro de Grupos Locais de Fiare, organizado coa colaboración da Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Euskadi, socia fundadora e unha das redes promotoras de proxecto Fiare.

O encontro serviu para mostrar e gozar da riqueza e diversidade do capital humano e organizacional que forma parte da base social do Proxecto Fiare de Banca Ética. Máis de noventa persoas representantes de trinta e un grupos locais, que xa abarcan case todo o territorio estatal, compartiron un espazo formativo e participativo que resulta esencial para o desenvolvemento dun proxecto de Banca Ética que quere estar en mans da cidadanía.

A axenda do encontro quixo combinar aspectos formativos con outros espazos de participación e proposta. Xunto a sesións relacionadas coa estructuración social, ideolóxica e financeira de Fiare, traballáronse modelos para achegarse a novos colectivos e institucións da nosa sociedade e compartiuse con representantes de diversos sectores sociais a súa visión sobre os retos de Fiare.

Unha ferramenta financeira que reúne os obxectivos do comercio xusto, o cooperativismo, o ecoloxismo, a cooperación ao desenvolvemento, a loita contra a exclusión social ou o mundo agrícola, está a mostrarse como unha ferramenta eficaz e significativa para dar aire a novos proxectos e apoiar a sustentabilidade daqueles que crecen e se consolídan na nosa sociedade. Esta capacidade transformadora dos nosos aforros a través dun instrumento como Fiare, é a que tamén se analizou durante o fin de semana, compartindo visións sobre o desenvolvemento de todos estes sectores e deseñando rutas e estratexias de achegamento ao mundo educativo, a novos movementos sociais, a concellos ou á cidadanía en xeral.

O encontro contou coa participación de Ugo Biggieri, presidente de Banca Popolare Etica, que entre outras cousas achegou ideas relevantes para o crecemento de Fiare desde a experiencia dun proxecto que xa conta en Italia con máis de 30.000 persoas e entidades asociadas e serviu, tamén, para sentir a proximidade ideolóxica e a sintonía existente entre a Banca Popolare Etica e o Proxecto Fiare.

Finalmente, o encontro serviu tamén como mostra da constante expansión territorial do proxecto, contando con persoas de Euskadi, Navarra, Catalunya, Madrid, Andalucía-Estremadura, Galiza, Canarias, Valencia, Castela-León, A Rioxa, Balears ou Murcia e para percibir a crecente consolidación económica e social dunha verdadeira panca de transformación das nosas sociedades.

Aproveitando a celebración deste encontro, o venres tivo lugar nos mesmos locais da cooperativa de ensino ikastola Ibaizabal de Durango a reunión da xunta de entidades socias de Fiare. Nesta reunión afrontáronse entre outros temas o orzamento para o período 2011-2012, a revisión da actividade financeira (onde destaca un forte incremento do volume de créditos) e a campaña de capital social, que supera xa o millón oitocentos mil euros e as 1.500 persoas e entidades socias. Expúxose así mesmo a necesidade de ir planificando a activación da estrutura cooperativa e a celebración da primeira asemblea estatal de socias.

IMAXES do ENCONTRO

Comentario de Ugo Biggeri tras el Encuentro

Materiais interesantes:
Adxunto Tamaño
Agenda_durango.pdf 134.08 KB
Grupos_locales.pdf 78.93 KB
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: