“A maior achega de Fiare ao movemento de banca ética é a súa visión política”

www.baserribizia.info, Durango – Bizkaia

Entrevista a Ugo Biggieri, presidente de BpE (Banca Popolare Etica Italiana).

-Que importancia ten para BpE o proxecto Fiare, rede creada no Estado español?
É un proxecto moi interesante porque nel xúntanse as redes sociais do territorio. É un proxecto co que nos identificamos e que nos ilusiona. A maior achega de Fiare a BpE non é o aspecto económico e comercial, pois supón entre o 3%  ou 4% do traballo total de BpE, senón a visión política que ten o movemento, en comparación con outras realidades de banca ética a nivel europeo.

Así mesmo, BpE ten unha maior implicación política respecto doutras bancas éticas que existen a nivel internacional. Desde 2007 as inscricións no Foro Social Mundial fanse a través de BpE. Tamén colaboramos co movemento social italiano Arci (Asociación Nacional de Recreación e Cultura Italiana) de Rafaella Bollini, que é un dos fundadores de BpE e está moi comprometido co Foro Social Mundial. En Fiare vemos dinámicas similares.

-O mundo das finanzas está en crises?
Os Estados déronse conta que hai un ben común para todos de importancia capital, que non é nin a auga nin a soberanía alimentaria, senón que son as finanzas, porque a cantidade de diñeiro que se meteu nas institucións financeiras pola crise financeira é enorme. O diñeiro que estableceu a banca mundial que se debe pór para cumprir os obxectivos do milenio en dez anos é 20  ou 50 veces inferior ao que se pagou nun ano pola crise financeira. Non podemos pensar que a crise financeira non é un problema noso, porque afecta a toda a vida social.

-A crise financeira arrastra tamén á banca ética?
A crise financeira ocasionou unha crise económica xeral, que afectou tamén á banca ética, pero menos. Non hai problemas de fe ou confianza no movemento de banca ética, nin de actividade nin liquidez; o que sucede é que como o tipo de interese baixou moito, a marxe de operación é máis pequena. Unha cousa moi interesante é que o nivel de morosidade non aumentou coa crise. O movemento social sen ánimo de lucro, que sempre estivo coa auga ao pescozo, está un pouco máis coa auga ao pescozo, pero non se perdeu a rede social que o aglutina. En cambio, ás empresas capitalistas, sexan pequenas ou grandes, afectoulles enormemente. Hai dificultades na banca ética, pero é máis sustentable.

-Está a banca ética crecendo?

Está a crecer, aínda que nestes momentos atópase nun momento crítico, no que se está pensando como aumentar a eficiencia sen perder a forza e participación social.

-Cales son os maiores obstáculos para a banca ética, tendo en conta que o propio diñeiro é o principal instrumento do sistema capitalista?
É un problema difícil. Desde fai cincuenta anos ensinouse á xente a ser consumidores e consumidoras irresponsables, que non coñecen os produtos de tempada, non saben onde vai o diñeiro que meten na banca. É un problema cultural. Tamén é importante que as persoas que son accionistas nas empresas capitalistas fagan un uso responsable das súas accións, no sentido de informarse, denunciar e oporse ás políticas antisociais que promoven as mesmas.

-Ten o sector agrario importancia para BpE?
Para BpE o sector primeiro é absolutamente fundamental. Un dos seus socios fundadores é a Asociación Italiana Agricultura Orgánica (AIAB), aínda que este sector creou bastantes problemas. BpE estivo dentro da dinámica deste sector e o Consello de Administración viu que hai que estar presente no mesmo, pero dando un paso atrás, no sentido de saír da discusión política que existe entre as distintas entidades (asociación, distintos certificados…) e actuar como unha rede de apoio que dá servizo ás e os agricultores.

-A vía Campesiña ter mostrado interese por Fiare e de feito, EHNE, membro da mesma, fíxose socio recentemente. Que che parece?

A BpE non dá a súa opinión aínda, pero eu teño unha boa opinión. Estiven nas mobilizacións de Seattle e de Cancún, onde se inmolou o campesiño Lee, deixando unha mensaxe significativa antes de morrer, e entendo a gran importancia que ten a soberanía alimentaria, tal e como a expón La Vía Campesina. BpE non ten aínda unha posición clara respecto diso, pero creo que está moi próxima á Vía Campesina.

-Algo máis que engadir…

A BpE é unha banca pequena, pero permite materializar os soños. Permítenos repensar as cousas e actuar, que outro mercado é posible… Os últimos premios Nobeles están a destacar aspectos dentro da economía como as relacións, a felicidade e a participación. Existen realidades que nos indican que outro mundo é posible. Fai dez anos, pensábase nas regras económicas convencionais e agora empezan a saír á luz os valores.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: