Os bancos, cómplices da evasión de impostos

Fonte: www.economiasolidaria.org

Os bancos, cómplices da evasión de impostos a través de paraísos fiscais, colaboran no incumprimento dos Obxectivos do Milenio

SETEM publica un informe coas políticas de investimento, transparencia e rendición de contas de 49 grandes bancos europeos, entre eles o BBVA e o Santander. Os datos demostran que os países pobres perden cada ano 160.000 millóns de dólares pola evasión fiscal.

A pesar das graves consecuencias da crise que se viven en todo o mundo, os bancos non rectificaron nin modificaron as súas prácticas e continúan implicados na evasión de impostos, favorecendo a evasión de fondos a través de paraísos fiscais. Esta evasión, fai que os países pobres perdan anualmente 160.000 millóns de dólares por non recadar impostos ás corporacións estranxeiras. Contía suficiente para lograr os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) marcados por Nacións Unidas.

Así o revela o informe titulado “Close the Gap: evaluación de las políticas de inversión de los bancos internacionales” editado por SETEM como resumo executivo en castelán e cuxa versión completa en inglés foi realizada xunto á Rede Internacional BankTrack, formada por 30 organizacións de todo o mundo especializadas en analizar entidades financeiras e da que SETEM é a única ONG española membro.

Tendo en conta as grandes cantidades de diñeiro destinadas á concesión de préstamos e servizos da banca de investimento, os bancos terían a capacidade de recadar diñeiro e destinalo a servizos públicos, tales como a seguridade social, sanidade e infraestrutura. Pero lamentablemente, os bancos continúan elaborando estratexias complexas co fin de reducir e mesmo evitar o pago de impostos por parte dos seus clientes a través de paraísos fiscais. Só 3 dos 49 bancos analizados no informe teñen políticas sobre o cumprimento das obrigacións fiscais.

SETEM xunto á rede BankTrack, persegue lograr que cada entidade financeira faga pública a información financeira por países e con datos de impostos e ingresos e solicítalles que non teña ningún filial en xurisdicións de baixa ou nula tributación, tal e como se pide na Rede de Xustiza Fiscal.

A pesar de que Moratinos afirmou o sábado 25 de setembro ante a ONU “España está á vangarda na loita contra a fame e a pobreza” e propuxo en Nacións Unidas, xunto con outros Estados, a creación dunha taxa ás transaccións en divisas para destinala a lograr os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), desde a ONG pregúntanse por que ante o próximo cume do G20+1 en Seúl (Corea do Sur) en novembro, a posición da UE aínda non detalla nada sobre a taxa bancaria nin sobre paraísos fiscais.

Ademais a ONG SETEM pon de manifesto a través do seu informe “Close the Gap” a falta de transparencia e a carencia de políticas contundentes que eviten a evasión fiscal nas 49 principais entidades financeiras europeas, incluíndo aos grandes bancos españois BBVA e Santander.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: