A Asociación Fiare Castilla y León celebra a súa asemblea territorial en Burgos

Diversas asociacións e persoas a título individual reuniranse na capital de Castela e León para planificar o recentemente estreado curso laboral e tratar de seguir crecendo. Polo momento forman parte da Asociación Fiare Castella y León as entidades burgalesas Accorema, Cáritas Diocesana, Feclei, Fundación Alter, Amycos e a Fundación Lesmes, e o obxectivo é que se unan cantas máis mellor.

Tal e como se presenta a Banca Ética, o seu obxectivo é proporcionar «unha alternativa de destino diferente dos nosos aforros, buscando o fin social dos mesmos e baixo un enfoque de consumidores responsables». Cambian «a obtención do máximo lucro como obxectivo central» por unha forma de traballo baseada en valores.

Queren un «crédito ao servizo da xustiza», buscando sempre un impacto social positivo e en aras da transformación social. «Nas operacións de concesión de crédito non só se valora a rendibilidade, que a entidade á que se lle concede sexa capaz de devolver o diñeiro, senón sobre todo hai unha avaliación social a través dun comité ético en cada provincia», explica Andrés Amayuelas, un dos membros do grupo impulsor de Fiare en Burgos.

Grazas a esta banca alternativa, unha empresa de agricultura ecolóxica das Merindades puido sacar a súa idea adiante e converterse no segundo proxecto financiado por Fiare en Castela e León, tras unha empresa valisoletana de comercialización e repartición de produtos tamén ecolóxicos.

A Banca Fiare aglutina a máis de 200 asociacións distribuídas por toda España, conta cunha gran implantación no tres provincias vascas e Navarra e oficinas propias en Madrid e Barcelona.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: