“Viviendas Municipales de Bilbao”

Recollemos aquí unha achega de Viviendas Municipales de Bilbao que é o instrumento activo para o desenvolvemento da política de promoción de vivendas protexidas por parte do Concello de Bilbao.

É importante que se vexa que xa empezan a haber Institucións Públicas que están sensibilizadas coa Banca Ética, e especificamente con FIARE.

Viviendas Municipales de Bilbao realizou depósitos por un valor de 7,5 millóns de euros en dúas entidades financeiras pertencentes á chamada “banca ética”, un tipo de banca que se distingue da convencional pola natureza dos proxectos que financia e polos principios éticos que rexen os seus investimentos. En concreto, Viviendas Municipales realizou un depósito por valor de cinco millóns de euros en BBK Solidarioa e outro, de dous millóns e medio de euros, en Fiare.

Facilidades nos micro-créditos

Neste sentido, as entidades bancarias comprometidas concederán micro-créditos a baixo interese ás persoas inquilinas e tamén ás propietarias de antigas vivendas municipais. A estas últimas, para a rehabilitación dos inmobles ou para o financiamento do pago de préstamos hipotecarios ou persoais asumidos pola compra da vivenda; e ás primeiras, para financiar os descubertos por falta de pagamento de rendas e para outras actividades que faciliten a súa inserción social.

A maior parte dos micro-créditos que concede a banca ética a moi baixo interese serve para sufragar as necesidades familiares de persoas sen recursos ou en risco de exclusión social. A banca solidaria tamén financia proxectos empresariais postos en marcha por persoas que pertencen a grupos sociais vulnerables. Neste caso, trátase de proxectos viables que non obteñen o apoio das entidades financeiras tradicionais.

Fonte: Vivendas Municipais de Bilbao

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: