Só a razón última

“Los nadies”, chámaos Eduardo Galeano.

Si, eles son a razón do traballo e do empeño duns cuantos, seguramente non todos os que quixésemos. Todos somos conscientes da tremenda inxustiza que se comete con tantas e tantas persoas neste o noso mundo pero ás veces, parece que a forma de facer fronte ao problema debúxasenos un problema en si mesmo.

A sociedade reacciona ante a inxustiza e faino a través das actuacións dunhas persoas que deciden, nun momento dado, loitar por xustiza. Esta situación, que é tan potente, introducida no sistema do primeiro mundo, atopa serías dificultades de execución que pon a proba a coherencia da acción e das persoas que a dirixen. Son tantas as trabas e problemas que hai que salvar, á vez que se traballa polo obxectivo, que é sinxelo e bastante fácil poder desorientarse. Nalgún momento todos nos desorientamos e podemos chegar a traballar nun sentido sen sentido. O verdadeiro problema xorde, cando non se sabe ou non se quere saber cal é a verdadeira situación e o problema, cando se chega a antepor para xustificar, argumentos que crean maior confusión. Neses momentos, só a claridade do fin, da razón última, pódenos axudar a reorientarnos.

O noso complexo primeiro mundo consegue desorientarnos e é entón cando a honestidade e a xenerosidade son as guías que nos permiten regresar á coherencia e a loita polo fin último. No tránsito, que a cada un cústanos un tempo atravesar, é cando un se recoñece como unha parte dun todo claramente imperfecto. Realmente nunca fomos nin indios nin vaqueiros e nunca o seremos.

Cando as persoas e as entidades se empeñan, excesivamente, en evidenciar e manter vivas unhas diferenzas con outros actores sociais, por encima de calquera cousa, só podemos ler niso unha forma de perpetuarse nun espazo onde se atopan cómodos e son recoñecidos. Non queren ser excluídos.

Se vexo a alguén levantar unha bandeira desde a intolerancia, a carencia de vontade para comprender, a autosatisfacción egocéntrica non vexo senón, a agonía de quen non sabería como contrastar a súa verdade nun espazo diferente onde a súa posición dominante non existise e non se puidese permitir esas liberdades prepotentes. Seguro que recoñecemos situacións así. Realmente o medo a outra realidade é tan grande que abandonan o fin para defender a súa cómoda realidade.

Traballamos tantas veces de costas a outros mundos, só por non coñecelos e non saber movernos entre e con eles que é fácil, aínda sen querer, construír enfrontamento e oposición visceral. Indios e vaqueiros.

Con todo, aos “nadies” non lles interesan as nosas disputas sobre as que construír mundos antagónicos que nos permitan sobrevivir en espazos recoñecidos. A eles non lles interesa a nosa egoísta subsistencia. Eles necesitan, como ningún, que isto cambie de verdade. Sexamos sinceros connosco mesmos. Xamais cambiará desde os pequenos castelos que imos construíndo ao principio, case sen darnos conta, desde as nosas crenzas e desde as nosas realidades, xa conscientes, en diante.

A sociedade necesita que a CORRESPONSABILIDADE SOCIAL sexa unha realidade. Que ninguén se outorgue a exclusividade de xerar valor social porque esta acción correspóndenos a todos e cada un dos actores sociais que compartimos o hoxe e compartiremos, ou deixaremos en herdanza, o mañá.

COHERENCIA E CORRESPONSABILIDADE POR XUSTIZA COS “nadies” E CONNOSCO MESMOS

Fonte: NITTÚA (Núria González e Raúl Contreras).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: