Necesítanse dúas Terras para manter o consumo

O descenso da biodiversidade, unido ao aumento da demanda de recursos, superou a capacidade rexenerativa do planeta.

De seguir o ritmo actual de degradación do medio ambiente e, en paralelo, o aumento da demanda de recursos, a humanidade necesitaría dous planetas como a Terra en 2030. No seu novo Informe Planeta Vivo, a organización ecoloxista WWF mostra como estes dous fenómenos, o descenso da biodiversidade e o aumento da pegada ecolóxica, están a provocar o colapso da capacidade do planeta para recuperarse. “Só unha aposta polas enerxías renovables e un cambio drástico na dieta alimenticia poderían cambiar este destino”, aseguran desde WWF.

O informe, que se publica cada dous anos e no que colaboran a Sociedade Zoolóxica de Londres e a rede Pegada Global, analiza por unha banda a saúde dos diferentes ecosistemas e, polo outro, o uso que fan os humanos do planeta para satisfacer as súas necesidades. Por último, debuxa dous escenarios: o probable, se se segue coa xestión actual, e o posible, se se reduce o impacto humano sobre o medio.

Desde 1970, ano da primeira recollida de datos, o Índice de Planeta Vivo (IPV), que mide o estado da biodiversidade, baixou nun 30%. Para obtelo, os ecoloxistas analizaron a situación de case 8.000 poboacións de 2.544 especies de vertebrados. Entre as razóns da destrución dos ecosistemas, o informe sinala a perda do hábitat, a sobreexplotación, a contaminación ou a introdución de especies invasoras. En todas elas apréciase a man do home.

Diferencias norte-sur

Cando se desagregan os datos por grandes zonas xeográficas, pode verse como a biodiversidade do hemisferio norte non só non empeorou, senón que mesmo, na zona euroasiática, a saúde das especies mellorou nun 43%. Aínda que a implantación de medidas de protección axudou, a realidade é que, como explica o secretario xeral de WWF España, Juan Carlos del Olmo, “os grandes cambios aquí producíronse moito antes de 1970“. Pero o descenso dramático da biodiversidade está a producirse no sur. Nas zonas intertropicais, a baixada foi do 60%, en especial no sueste asiático e a América tropical e os seus mares.

O caso destas dúas últimas é o mellor exemplo para relacionar o descenso da biodiversidade co aumento da pegada ecolóxica. Esta mide a demanda da humanidade sobre a biosfera e a capacidade desta para recuperarse. Aquí entran a terra necesaria para dotar de comida, abrigo ou infraestruturas para soster a vida humana, a auga consumida e o espazo necesario para capturar o CO2 que todo isto emite.

O ser humano xa traspasou o limiar de equilibrio entre as súas necesidades e a capacidade de recuperación do medio en 1970 e, desde entón, a humanidade vive por encima das posibilidades do planeta: hoxe necesítanse 1,5 planetas para obter os seus recursos, que serán dous en 2030 se nada cambia e tres en 2050.

Aquí volven aparecer as desigualdades. Se todos os habitantes do mundo consumisen o que un cidadán medio de EEUU, necesitaríanse os recursos de 4,5 planetas como a Terra. Se se axustase aos consumos de India, sobraría a metade do planeta.

A proposta de WWF é dobre. Por unha banda, elevar até o 95% o total das renovables no mix enerxético. Pero, aínda que as emisións de carbono son a principal causa da pegada ecolóxica, “aínda seguiriamos necesitando máis dunha Terra”, lembra Del Olmo. A outra pata da súa proposta é cambiar a dieta. Tendo en conta que a ONU estima que haberá 9.200 millóns de persoas en 2050, o modelo de consumo baseado nos animais é insustentable. “Haberá que exporse unha repartición máis equitativa dos recursos”, di Del Olmo.

A relación directa entre biodiversidade e pegada ecolóxica

Como se mide a biodiversidade?

Para establecer a saúde ambiental do planeta, o informe estableceu un índice (de valor 1 en 1970). Coma se fose unha bolsa de valores, compútanse as fluctuacións anuais das distintas especies. O descenso de biodiversidade desde entón foi do 30%.

Que é a pegada ecolóxica?

Mide a área de terra bioloxicamente produtiva e a auga necesaria para proporcionar os recursos renovables que a xente utiliza e inclúe o espazo necesario para infraestruturas e a vexetación para absorber o dióxido de carbono (CO2). A pegada ecolóxica da humanidade duplicouse desde 1966.

Como se calcula a biocapacidade?

A biocapacidade dun país está determinada por dous factores: por unha banda, a área de cultivos, terras de pastoreo, zonas pesqueiras e bosques; e, por outro, o seu nivel de produtividade. Hai países pouco desenvolvidos que, a pesar da súa baixa produtividade, son ricos en recursos. Outros, como Australia, combinan desenvolvemento con alta dispoñibilidade.

Por que crece o uso de recursos?

A máis poboación, maior pegada ecolóxica. A ONU estima que, en 2050, haberá 9.200 millóns de persoas no planeta, máis do 50% en cidades. O desenvolvemento actual de Brasil, China ou India está a provocar que o consumo dos seus habitantes creza, achegándose ao dos occidentais. Estes son aínda os responsables dun terzo da pegada global. A necesidade de novas terras, auga para regalas e infraestruturas levarán, no modelo actual, máis emisións, e o desequilibrio entre biodiversidade e pegada aumentará.

Tres Españas e media para os españois

71 Biocapacidade

España ocupa o posto 71 (dunha lista de 150 países) no ranking de biocapacidade que mide a área realmente dispoñible para producir recursos naturais e absorber CO2. Os países con maior biocapacidade son Gabón, Bolivia e Canadá.

19 Pegada ecolóxica

O proceso de desenvolvemento vivido en España nas últimas décadas provocou que a súa pegada ecolóxica se dobrase Agora ocupa o posto 19, necesitando cada español unha media de 5,4 hectáreas.

3,5 Recursos alleos

Co actual ritmo de consumo, os españois están a usar os recursos propios de 3,5 Españas. Boa parte da súa pegada ecolóxica non se nota aquí, senón nos países de onde se obteñen os recursos que utilizan.

Fonte orixinal: Informe Planeta Vivo de WWF

Informe Planeta Vivo:

Fonte: Público
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: