“Radio-logías” de Economía Solidaria

Autor/a: Altekio e Proempleo

CONSTRUÍNDO OUTRO MUNDO POSIBLE

Altekio, iniciativas cara á sustentabilidade e a Asociación Proempleo lanzan Radiologías de Economía Social e Solidaria unha serie de documentais sonoros nos que tratamos de establecer un diálogo entre a Economía Solidaria e as Finanzas Éticas, o Cooperativismo, o Comercio Xusto, a inclusión sociolaboral, o desenvolvemento rural ou a cultura e o software libre.

Radiologías de Economía Solidaria é un proxecto desenvolvido por Altekio e Proempleo, coa colaboración da Unión de Radios Libres e Comunitarias de Madrid, no que elaboramos un conxunto de oito programas de radio de 30 minutos de duración, nos cales abordamos conceptos relacionados coa Economía Alternativa e Solidaria.

Unha proposta que engloba a entidades, persoas e proxectos que sitúan ao ser humano no centro da actividade económica, priorizando o beneficio social e ambiental da súa actividade por encima do beneficio económico.

Ao longo do oito programas profundamos e exploramos novas perspectivas sobre algúns dos principais problemas sociais e ambientais que están presentes nas nosas sociedades e temos a oportunidade de escoitar a voz de persoas que son protagonistas de experiencias, asociacións, cooperativas ou colectivos que puxeron en marcha proxectos que, desde os principios e valores da Economía Social e Solidaria, xeraron solucións innovadoras para abordar os mesmos. Desta forma, Radiologías de Economía  Social e Solidaria pretende que o oínte poida subirse nun vehículo que lle vai levar a percorrer os conceptos e principios nos que se sustenta a Economía Social e Solidaria, e a coñecer a través das voces dos seus protagonistas, experiencias que transforman a realidade cotiá mellorando a vida da comunidade na que se atopan inseres.

Cada un dos programas componse de tres partes. A primeira, aclarando conceptos, é un glosario didáctico de economía social e solidaria; noutro galo cantaría, disecionamos e explicamos xunto con varias persoas convidadas algúns dos problemas aos que se enfrontan as sociedades nas que vivimos -exclusión, vivenda, desigualdade, o papel dos medios de comunicación, o modelo de desenvolvemento,…-, e exploramos solucións ás mesmas a partir da xeralización de certas prácticas e propostas incluídas na Economía Social e Solidaria; por último, na voz da experiencia, expomos, a través das palabras e as voces dos seus protagonistas, experiencias reais de Boas Prácticas -empresas de inserción, fondos de investimento solidario, cooperativas, sociedades laborais, proxectos comunitarios, etc.- que expoñen solucións reais a algúns dos problemas.

Os documentais sonoros foron editados con licenzas Creative Commons, que permiten a súa libre reprodución, utilización e difusión, sen fronteiras de tempo ou espazo. Desta forma queremos pór a disposición de medios de comunicación social e das entidades sociais, ferramentas e contidos especializados de calidade que transmitan de forma amena, clara e sinxela os principios e prácticas da economía social, de forma que sirvan para mellorar o coñecemento, rigor, variedade, profundidade e pedagoxía do tratamento mediático desas temáticas.

Os programas pódense escoitar, e descargar, na páxina web www.radio.altekio.es e nas emisoras da Unión de Radios Libres y Comunitarias de Madrid.

PROGRAMAS:

Datos de contacto:
Iñigo Bandrés de Lucas
Correo electrónico: ibandres@ altekio.es
Teléfono: 669 685 215

Nuria del Rio
Correo eléctronico: nurpak@ comuniteka.org
Teléfono: 619 100 428

Fonte: Portal de economía solidaria

Máis información: Introdución á Economía Solidaria

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: