Coñeces os investimentos do teu banco habitual?

Esta sinxela pregunta lévanos a outras e á reflexión de que quizais coñecendo este dato poderiamos ser máis coherentes cos nosos investimentos e promover un sistema máis ético. Sabes que existe a banca ética?

O banco BBVA encabeza a lista de entidades financeiras entre as que se atopan Banesto, HSBC e Barclays que concederon un crédito sindicado de 295 millóns de euros destinado a financiar a débeda do grupo industrial Maxam. Este holding é o resultado da reestruturación da antiga Unión Española de Explosivos e entre as empresas que forman parte atópase Explosivos Alaveses, SA (EXPAL), a principal empresa do grupo no sector de defensa, que á súa vez agrupa a Explosivos de Burgos, Fabricacións Estremeñas, SA e Fabricacións Metalúrxicas de Albacete, S.A. todas elas dedicadas integramente á fabricación de toda clase de explosivos militares.

Non é a primeira vez que o BBVA concede un crédito a Maxam, en 2008 xa se lle concedeu outro de 300 millóns de euros cando EXPAL aínda fabricaba bombas de acio, hoxe prohibidas en España.

Resulta sorprendente que nun contexto económico de crise, en que o crédito bancario ao sector privado ha caído da orde do 30%, onde moitas empresas creban pola conxelación das liñas de crédito bancarias, un grupo industrial cunha importantísima participación no sector da defensa recibe 600 millóns de euros en pouco máis de dous anos coa colaboración dalgunhas das principais entidades bancarias do Estado.

A actitude do BBVA e o resto de entidades bancarias é reprobable, pola participación no negocio da fabricación e venda de armas, pero tamén pola mensaxe que se está enviando ás pequenas e medianas empresas do sector produtivo e de servizos que se afogan porque non poden facer fronte ás súas débedas de tesouraría, e que constitúen o verdadeiro tecido económico que hai que axudar desde todas as frontes.

Fonte: BBVA sen armas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: