Fala co teu banco

Queres saber que proxecto, compañía ou actividade está a financiarse co teu diñeiro? Entra na túa sucursal bancaria e fala co persoal.  Para ter unha idea entra na web www.lossecretosdelosbancos.org.  Nesta páxina podes descargar e imprimir o perfil do teu banco e expor as seguintes preguntas na sucursal xa que como cliente dun banco tes dereito a saber que se fai co teu diñeiro:

“Son cliente deste banco desde [….] anos. Visitei a páxina web http://www.lossecretosdelosbancos.org e preocúpanme os feitos alarmantes que aí se recollen. Gustaríame saber que tipo de investimentos realizan vostedes co diñeiro que lles confiei a través dos meus aforros, seguros e/ou investimentos:

1.      Pode dicirme en que compañías cotizadas se inviste o meu diñeiro?

2.      Pode dicirme en que país ou países se está a investir o meu diñeiro?

3.      Pode dicirme en que proxectos invisten o meu diñeiro?

4.      Cal é o motivo de que non haxa transparencia con respecto a estes investimentos?

5.      Onde podo atopar máis información sobre a súa política en materia de armas/dereitas humanos/medio ambiente/sustentabilidade?

6.      Como podo saber se este banco honra as súas promesas en materia de sustentabilidade e responsabilidade social? Onde podo atopar máis información sobre esta cuestión?

7.      Vin na nova páxina web internacional http://www.lossecretosdelosbancos.org que o meu banco inviste en (elixe o exemplo adecuado):

  • Compañía mineira Freeport: esta compañía está a contaminar os ríos de Papua con miles de toneladas de residuo de mineral. Por esta motivo figura na lista negra do Fondo de Pensións de Noruega. Non desexo que o meu diñeiro contribúa á contaminación medio ambiental. Que garantías pode darme de que o meu diñeiro non se investirá en compañías como Freeport?
  • Wal-Mart: Wal-Mart violou os dereitos dos traballadores durante moitos anos. Por este motivo a compañía figura na lista negra do Fondo de Pensións de Noruega. Non quero que o meu diñeiro se invista en compañías que non respectan as normas principais da Organización Internacional de Traballo (OIT). Que garantías pode darme de que iso non ocorre e de que non volverá ocorrer no futuro?
  • Fabricante de armas Textron: esta compañía está implicada na fabricación de armas controvertidas. Por este motivo a compañía figura na lista negra do Fondo de Pensións de Noruega. Non quero que o meu diñeiro se invista na fabricación de armas indiscriminadas como son as municións de acio (cuxa recomendación de abolición recóllese na Convención sobre municións de acio acordada na Conferencia de Nacións Unidas, de Dublín, en maio de 2008) e as minas anti-persoa (prohibidas polo Tratado de Ottawa de Nacións Unidas de 1997 e que entrou en vigor en 1999). Que garantías pode darme de que o meu diñeiro non se investirá en compañías como Raytheon?
  • Compañías que actúan en Myanmar ou apoian á ditadura de Myanmar. Dongfeng exportou camións militares a Myanmar. Por este motivo a compañía figura na lista negra do Fondo de Pensións de Noruega. TOTAL participa na extracción de gas na costa de Myanmar, xerando case 1.000 millóns de dólares para a Xunta de Myanmar. Moitas outras multinacionais xa se retiraron de Myanmar polos graves abusos aos dereitos humanos. Por iso, calquera investimento en Myanmar contradise cunha política seria en materia de dereitos humanos. Por que motivo este banco segue investindo en compañías como Total ou Dongfeng?

Grazas polo seu tempo e pola súa información.”

Máis información: Banksecrets

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: