Comparecencia de Fundación Fiare no Parlamento Vasco

El pasado 20 de outubro, o Vicepresidente da Fundación Fiare Carlos Askunze e o Director Peru Sasia compareceron na sesión da Comisión de Políticas Sociais, Traballo e Igualdade do Parlamento Vasco. Dita comparecencia realizouse a petición da Comisión, tras a solicitude enviada pola Fundación Fiare, por mor da aprobación o pasado 4 de Marzo de 2010 por parte do Parlamento Vasco dunha Proposición non de Lei de apoio á Banca Ética na que se incluían propostas concretas de impulso a este tipo de iniciativas, entre as que se atopa o Proxecto Fiare de Banca Ética.

Na comparecencia, os representantes da Fundación Fiare presentaron o seu Proxecto de Banca Ética, como unha iniciativa que reúne a persoas e organizacións comprometidas cun modelo de intermediación financeira baseado na participación e a solidariedade. Así mesmo, explicará aos membros da comisión o estado actual de desenvolvemento do Proxecto, propondo medidas concretas de apoio por parte das distintas administracións públicas vascas sobre a base dos acordos aprobados na Proposición non de Lei.

O Proxecto Fiare de Banca Ética iniciou a súa andaina no ano 2003, cando 52 organizacións sociais vascas constituíron a Fundación Fiare co obxectivo de explorar as vías para consolidar unha experiencia de Banca Ética que operase en todo o estado. Neste momento, o Proxecto Fiare constitúeno máis de seiscentas organizacións sociais de todo o estado, e desenvolve actividade de aforro e crédito por encima dos 35 millóns de euros, apoiando financeiramente o desenvolvemento de máis de cen proxectos en ámbitos como a loita contra a exclusión, a cooperación ao desenvolvemento ou a agroecoloxía.

A Fundación Fiare en Euskadi mantén o seu papel impulsor do Proxecto e conta hoxe con 72 organizacións socias, entre as que se atopan redes de organizacións sociais como a Coordinadora de ONGD de Euskadi, a Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS Euskadi), a Rede europea de loita contra a pobreza e a exclusión social en Euskadi (EAPN Euskadi), a Asociación de Empresas de Inserción do País Vasci (Gizatea), a Asociación de Entidades de Iniciativa e Intervención Social de Bizkaia (Gizardatz) ou a Coordinadora de ONG de Euskadi de Apoio a Inmigrantes (Harresiak Apurtuz).

Máis información: enlace á comparecencia (diario de sesións e vídeos).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: