Vídeo-clips de experiencias e diálogo entre Alfonso Dubois e Peru Sasia sobre economía solidaria en Eutokia

Lugar da noticia: Bilbao

No marco da semana de inauguración do Centro para a Innovación Social Eutokia, REAS Euskadi organizou o 17 de novembro a actividade “Mira, aprende e constrúe outra economía: boas prácticas de economía solidaria” unha proxección de viíeoclips de experiencias vascas de economía solidaria, acompañado dun diálogo sobre o tema entre Alfonso Dubois da Universidade do País Vasco UPV/EHU e Peru Sasia, de Fiare e da Universidade de Deusto.

Ao redor de 30 persoas asistiron á proxección destes 8 vídeos, que forman parte dunha iniciativa más amplia a nivel estatal que busca contar, mostrar e dar a coñecer de primeira man experiencias de iniciativas solidarias co obxecto de sensibilizar á cidadanía e mostrar que outras formas de facer economía son posibles.

Ana Iametti de REAS Euskadi, moderou este debate no que ao fío dos vídeos que se proxectaban, Alfonso Dubois e Pedro Sasia dialogaron sobre temas como a centralidade das persoas nas iniciativas de economía solidaria, a necesidade das alianzas público-privadas para seguir avanzando cara a unha economía inclusiva e sustentable e a importancia de que a innovación social estea estreitamente ligada ao pensamento crítico e non sirva exclusivamente á creación de novas necesidades e á ampliación de mercados senón que realmente sexa un medio para facilitar e garantir a calidade de vida de todas as persoas, ao mesmo tempo que protexer o medioambiente avanzando cara a un desenvolvemento máis humano.

O diálogo destacou a necesidade de cooperar e adaptarse ao cambio por parte destas iniciativas e subliñou que a economía solidaria é por si mesma radicalmente innovadora ao tratar de rexenerar as nosas sociedades e afrontar problemas como a exclusión social a través de diversas estratexias que van desde a realización de actividades tradicionais, á prestación de servizos de intermediación para que todas as persoas poidan acceder a dereitos básicos e, actividades produtivas que combinan obxectivos sociais, ambientais e económicos buscando construír sociedades máis xustas e solidarias.

Fonte: Portal de Economía Solidaria

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: