Reas Navarra deu entrada na súa rede a tres novas entidades, tendo na actualidade 40 entidades

Lugar da noticia: Navarra, Pamplona.

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

O sábado 27 de novembro realizouse unha nova asemblea de REAS Navarra para preparar o plan de traballo do próximo ano. A asemblea iniciouse coa presentación de tres novas entidades para a súa entrada como entidades de pleno dereito na Rede. Este tres novas entidades son Iturgintza Urbide, Gure Sustraiak e Jauregia.

Iturgintza Urbide, é unha entidade que se dedica á fontanaría composta por dous socios, cunha ampla bagaxe de colaboración con entidades sociais e do seu pobo, que desexaban entrar en REAS Navarra poder desenvolver proxectos en relación á bioconstrución.

Gure Sustraiak, é unha cooperativa de iniciativa social que desenvolve o seu labor no pobo de Ollo, esta entidade desenvolve diferentes labores como a Granxa Escola e a xestión do Albergue/Pousada de Ollo. Desexan entrar en REAS para traballar en Rede, crear sinerxías con outras entidades e desenvolver aínda máis a vertente do turismo alternativo dos seus proxectos.

Jauregia, é unha pequena explotación de gando vacún afincada en Aniz (Val do Baztán) que foi a primeira en realizar a transición á produción ecolóxica en Navarra. É unha entidade que aposta pola distribución directa ao consumidor ou en pequeno comercio, sendo un dos provedores dos diferentes grupos de consumo existentes en Navarra.

Coa entrada deste tres entidades REAS Navarra componse de 40 entidades, 23 socias de pleno dereito e 17 socias de apoio.

Durante a asemblea principalmente púxose o acento na necesidade de crear mais sinerxías e potenciar a colaboración entre entidades para poder fortalecer o sector e xerar novos proxectos de economía solidaria. Ademais cominouse a seguir traballando nos ámbitos da Banca Ética – Fiare, a Auditoría Social e do consumo responsable como elementos principais do desenvolvemento da economía solidaria. Finalmente tamén se aceptou o novo plan de traballo da Comisión de Mercado Social para desenvolver a promoción das entidades e produtos da economía solidaria.

Mais Fotos da Asemblea: Album 1, Album 2

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: