FEVECTA e Fiare-Banca Ética acordan ofrecer ás cooperativas operacións financeiras en condicións vantaxosas

Máis actividades na Comunidade Valenciana:

Xa hai cooperativas traballando con Fiare-Banca Ética que se mostran satisfeitas polas condicións e con poder decidir o destino dos seus fondos.

FEVECTA, Fiare e Banca Popolare Etica chegaron a un acordo para pór a disposición das cooperativas valencianas a posibilidade de acceder a produtos financeiros e de aforro en condicións atractivas. O presidente de FEVECTA, Vicent Comes, e o Director de Desenvolvemento de Fiare-Banca Ética, Juan Garibi, asinaron onte [mércores 1 de decembro de 2010] o convenio que regula as condicións do acordo alcanzado.

A actual crise financeira, orixinada por movementos especulativos, xerou un grave estrangulamento da oferta do sistema financeiro. As empresas en xeral teñen graves dificultades á hora de paliar os seus problemas de liquidez mediante o acceso ao crédito, o que, a miúdo, está a pór en xaque a viabilidade de moitas empresas. Para axudar ás cooperativas, na súa maioría pequenas e medianas empresas, a sortear esta situación, FEVECTA leva traballando desde o inicio da crise para pór a disposición das cooperativas de traballo valencianas diferentes instrumentos cos que poder paliar esta grave situación.

Agora, co acordo alcanzado entre FEVECTA, Fiare e Banca Popolare Etica, as cooperativas de traballo e as persoas emprendedoras que vaian iniciar a súa actividade empresarial baixo a fórmula cooperativa, terán novas posibilidades de aforro e financiamento ofrecidas a través de Fiare-Banca Popolare Etica que se concretan en tres instrumentos: Conta corrente na que canalizar a operatividade ordinaria; a “Libreta de Aforro Fiare Tesourería”, un produto de investimento para os posibles excedentes de liquidez, e dispoñibilidade para a concesión de financiamento a través de diversas formas técnicas para facer fronte ás necesidades financeiras das cooperativas.

Fiare pretende chegar a ser unha entidade financeira en mans da cidadanía mediante o respaldo a operacións e proxectos cun claro impacto social positivo. Con este obxectivo, os impulsores de Fiare traballan para constituír unha cooperativa de crédito que opere baixo o control do Banco de España e actúe en todo o Estado.

Nestes momentos, Fiare atópase nunha fase de captación de recursos e canaliza as súas operacións a través da entidade financeira italiana Banca Popolare Etica, dedicada a xestionar os recursos financeiros de particulares, empresas e entidades, orientando o seu aforro cara a iniciativas socioeconómicas que persigan finalidades sociais e que operen respectando a dignidade humana e o medio ambiente.

Na actualidade xa hai cooperativas traballando con Fiare-Banca Popolare Etica mediante operacións financeiras de diverso tipo que mostraron a súa satisfacción tanto polas condicións establecidas como pola posibilidade de decidir o destino dos seus aforros entre catro sectores: cooperación social, promoción cultural e da sociedade civil, conservación e protección do medio ambiente e cooperación ao desenvolvemento en países do Sur.

Fonte: Noticias Comunitat Valenciana

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: