Proposta con alternativas

Fonte: Público, 7 de decembro de 2010.

“Eric Cantona é un inmenso futbolista, pero cada un debe intervir dentro das súas competencias. Eu non xogaría ao fútbol.” -Christine Lagarde, ministra de Finanzas de Francia-.

Hoxe pode ser un día de nervios en máis dunha sucursal bancaria. Haberá empregados que como vexan a un cliente avanzar cara ao portelo caderno en man van tremer máis que se fose un atracador con escopeta, e se alguén colle un impreso de reintegro son capaces de pulsar o botón para chamar a seguridade. E é que hoxe os cidadáns estamos chamados a unha “folga bancaria”, cuxo funcionamento é moi simple: vas ao banco, sacas todo o teu diñeiro e dislle “até nunca”.

A idea leva xa tempo circulando, pero fíxose popular hai unhas semanas cando un ex futbolista francés, Eric Cantona, chamou a ela nun vídeo que xa verían. Nel, Cantona di que “a revolución faise nos bancos”, e di que se vinte millóns de persoas imos o mesmo día a retirar o noso diñeiro, o sistema afúndese.

O asunto ten máis de xesto de protesta que de acción viable, porque o certo é que os bancos non teñen o noso diñeiro, non o teñen fisicamente, dispoñible, pois só están obrigados a conservar líquido unha pequena porcentaxe, e o resto préstano ou o invisten. Ademais, os bancos non son parvos, e tamén viron o vídeo de Cantona, así que xa estarán preparados para evitar un escenario así.

Sobre todo deben de estar tranquilos por unha realidade que coñecen ben: a maioría de clientes non ten moito para retirar -como non queiran levar os números vermellos-, ou están pillados por hipotecas e créditos, de forma que se chegas protestando poida que sexan eles os que che quiten até a camisa. Pero ademais, saben que os cidadáns somos moi prudentes, e en tempos de crises moitos teñen máis medo a un colapso dos bancos que a seguir sufrindo os seus abusos.

Se non para afundilos, a protesta bancaria debería servir polo menos para que se poñan nerviosos e saiban que estamos fartos. E en canto podamos, hoxe mesmo ou calquera outro día, levámonos o noso diñeiro a outra parte. Onde? Hai outras opcións á parte da baldosa ou o colchón: a chamada banca ética, como Triodos ou Fiare. Eu xa dei o paso, e non me detivo o garda ao saír da sucursal.

Presentación de Fiare

Ponencia de Peru Sasia, de Proyecto Fiare, en la Jornada del X Aniversarior de la Red Enclau.

Experto avisa que o actual sistema financeiro auspicia burbullas económicas

Fonte: ABC (León, 1 de decembro de 2010)

(EFE).- O actual sistema financeiro auspicia a creación de burbullas económicas “recheas de aire” nas que, en lugar de con bens tanxibles, se comercia con diñeiro, o que crea unha imaxe falseada da economía e pode desembocar nun estalido que arruíne a boa parte dos investidores.

Esta explosión xa tivo lugar ao principio da actual crise económica coas inmobiliarias, pero existen exemplos anteriores coas empresas de biotecnoloxía e as de telecomunicacións, explicou a Efe o director do Proxecto FIARE (Fondo de Investimento e Aforro Responsable) de Banca Ética, Peru Sasia.

Sasia participa mañá nas primeiras Xornadas en León de Banca Ética [o 16 de decembro farase unha presentación de Fiare en Palencia], na que falará sobre a necesidade de establecer un novo modelo de banca no que o cidadán poida participar dunhas decisións financeiras neutrais que fomenten proxectos que redunden no ben social.

O experto comparou estas burbullas económicas co xogo das cadeiras, pois todo o baile de compras e vendas que se executa dentro delas desemboca en que, ao final, un investidor particular ou unha empresa queda sen asento e perde todo o seu diñeiro.

Neste contexto, o diñeiro circula a unha gran velocidade, o que impide saber a calquera persoa o destino exacto de cada euro que inviste, de tal maneira que se poden dar paradoxos como que, por exemplo, unha persoa sexa despedida por unha empresa da que é accionista, apuntou.

Sasia incidiu en que o sistema financeiro é “moi poderoso” e os seus efectos son de tal calado que, en caso de crebar determinadas empresas de gran tamaño que o forman, poderíase producir o colapso de sociedades enteiras afectadas de falta de crédito e emprego.

“Moitas entidades financeiras son demasiado grandes para crebar, son monstros que non queda máis remedio que tentar rescatar con cantidades millonarias de diñeiro”, subliñou.

O experto advertiu tamén dos perigos que entrañan algúns compoñentes do sistema financeiro, como as axencias de cualificación, encargadas de avaliar a solidez dun Estado ou unha empresa e que poden facer perigar unha economía cunha determinada opinión.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: