Responsables do proxecto de banca ética Fiare reúnense o luns e o martes en Bilbao

O pasado sábado 11 de decembro de 2010 tivo lugar unha reunión da Xunta Directiva da Asociación Fiare Galiza.  Nesta xornada foi elexida a súa Comisión ético-social.  Un dos seus membros asiste ao encontro que o luns 13 e o martes 14 de decembro ten lugar en Bilbao:

Lugar da noticia: Bilbao

Unha trintena de representantes do proxecto Fiare de banca ética reuniranse na Universidade de Deusto os días 13 e 14 de Decembro para abordar cuestións relacionadas coa estrutura e metodoloxía de avaliación ético social das solicitudes de financiamento.

Os participantes analizarán durante dous días o proceso de avaliación ético social de Fiare tanto desde o punto de vista da metodoloxía empregada como das diferentes estruturas utilizadas para o seu desenvolvemento, con especial atención ao papel das comisións territoriais de avaliación ético social. Estas comisións, das que existen actualmente nove, son un dos elementos crave do Sistema de Banca Ética que Fiare está a construír desde o ano 2003 en todo o estado.

Iniciado en 2003 por cincuenta e dúas organizacións sociais vascas, o proxecto Fiare, comezou a súa actividade financeira desde a súa oficina de Bilbao en outubro de 2005. Até a data recolleu en España máis de 25 millóns de euros de aforro e concedeu financiamento a máis de 120 proxectos de alto valor social por un importe superior aos 15 millóns de euros, en ámbitos como a loita contra a exclusión, a cooperación ao desenvolvemento, a agroecoloxía e o cooperativismo.

Fontes da Universidade de Deusto lembraron que Fiare desenvolve a súa actividade financeira desde as súas oficinas de Bilbao, Barcelona e Madrid, e constrúese sobre unha extensa base de máis de 600 organizacións sociais, mediante a articulación de redes territoriais, que xa están en marcha en Euskadi, Navarra, Catalunya, Madrid, Castela e León, Canarias, Galicia, Andalucía, Estremadura e Valencia.

O encontro organízase no marco de actividades de investigación e transferencia de coñecemento que o Centro de Ética Aplicada da Universidade de Deusto promove a través do seu equipo de investigación.

A Universidade de Deusto é unha das entidades socias do proxecto ten asinado un convenio de colaboración con Fiare para o desenvolvemento de actuacións conxuntas orientadas á promoción, dinamización, investigación, e formación no ámbito da economía solidaria, xusta e inclusiva, que permita reforzar significativamente o traballo de ambas as organizacións para a transformación da nosa sociedade, en beneficio desta e en especial das persoas máis desfavorecidas.

Fonte: Finanzas.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: