“A sociedade aínda non lle deu credibilidade suficiente á banca ética”

Lugar da noticia: Navarra

A Asociación Fiare traballa para asentar en Navarra un modelo financeiro que preste o diñeiro para producir riqueza, que favoreza a xustiza social e evite a especulación. “Esta iniciativa coñécea pouca xente”, di Rey, pero os números vana avalando. Fiare xestiona xa 2,2 millóns en depósitos.

[Sagrario Zabaleta – Diario de Noticias] “A banca ética é unha mirada transparente á intervención financeira, onde o diñeiro é un instrumento para transformar a sociedade, non para especular”, explica Carlos Rey, presidente da Asociación Fiare Navarra.

O proxecto de banca ética impulsado por este colectivo -formado polas redes sociais Coordinadora de ONGDs, REAS Navarra e a Red de Lucha contra la Exclusión y la Pobreza– está a dar os seus froitos. Nestes momentos, tras cinco anos de actividade, Fiare xestiona 2,2 millóns de euros en depósitos e captou case 280.000 euros de capital social. Para 2011, queren chegar aos 2,6 millóns en depósitos e alcanzar os 400.000 euros en capital social.

Polo momento non dispoñen dunha licenza bancaria propia, que esperan obter antes de 2013. Actualmente, Fiare actúa como axente de Banca Popolare Etica Italiana, entidade con gran experiencia na economía solidaria.

Como se move Fiare nun sistema financeiro coas grandes quenllas da banca privada?

Somos pequenos para o sistema, pero grandes para crear outro tipo de modelo. Cando ves que se abren portas tras anos de loita, non te fixas no resto. Nós non impulsamos este proxecto en contra do sistema bancario tradicional senón a favor dun modelo de xustiza social. Oxalá puidésemos contaminar ao resto do sistema financeiro! Pero resulta moi complicado nunha banca tradicional que ten cativos ao resto de poderes.

Chegamos tarde no desenvolvemento deste tipo de banca?

Si. Hai realidades de banca ética en Europa potentes, por exemplo a Banca Popolare Etica Italiana leva dez anos, con 30.000 socios, 30 millóns de capital social, e 600 millóns tanto de depósitos como de créditos.

A crise favorece a Fiare para que a cidadanía confíe no seu modelo?

Esta iniciativa coñécea pouca xente e a sociedade aínda non lle dá a credibilidade que nos gustaría. Quereriamos que a cidadanía se dese conta de que é posible ter os depósitos noutra banca distinta á tradicional. Aínda que aínda non é posible usalo como libretas ou contas correntes até non ter a licenza propia que concede o Banco de España. Para lograr este obxectivo, hai ano e medio, iniciamos a campaña de captación de capital social para conseguir os cinco millóns que nos esixen para operar como unha banca normal e corrente.

Sinala que a xente non dá a suficiente credibilidade, que están a facer para cambiar esta imaxe?

En abril logramos que o Parlamento aprobase por unanimidade unha instancia ao Goberno de Navarra para que usase a banca ética para os seus depósitos; que se faga socio cun mínimo de 1.800 euros; que apoiase o custo de posta en marcha da banca ética e que apoiase o impulso da campaña de captación de capital social. Estivemos negociando que algún destes puntos fose incluídos nos orzamentos, pero parece que non se reflicte en ningunha partida. Ao final, resulta unha contradición o que o Parlamento aproba e o que o Executivo decide. Con todo, seguiremos insistindo sobre este tema o próximo ano. En cambio, esas catro reivindicacións aprobadas polo Parlamento tamén llas estamos pedindo aos concellos, e estes aos poucos están a cumprir, como Ansoáin, Villava, Berriozar e Pamplona. Por exemplo, o Consistorio da capital navarra destinou unha partida para a banca ética nos seus orzamentos sen aínda chegar a un acordo no que se refire a capital social. Co apoio das institucións públicas buscamos principalmente achegar maior credibilidade ao proxecto, e que nos axuden á difusión da iniciativa entre as persoas. Neste labor, os socios tamén axudan ao informar aos seus coñecidos acerca de Fiare.

Está satisfeito dos resultados da banca ética a pesar da crise?

Na actual conxuntura económica, o aforro non creceu como esperabamos, pero os nosos clientes mantivéronse fieis ao non saír en busca de maiores rendibilidades. En canto ao crédito, Fiare non deixou de dar préstamos a diferenza do que sucedeu na banca tradicional. Só como dato, a nivel estatal incrementamos os préstamos un 50%, seis millóns de euros máis que en 2009. Por último, a crise favoreceu a captación de capital social, en 2010 puxémonos como obxectivo en Navarra lograr un acumulado de 220.000 euros, superouse e fixámonos chegar aos 280.000, e xa estamos nos 273.800 euros.

Por que unha persoa debe depositar o seu diñeiro en Fiare?

A situación de crise está a darnos moitas razóns para decantarnos por unha banca diferente.

Que rendibilidade obtén?

Toda persoa que pon diñeiro recibe un interese, aínda que menor que o convencional porque buscamos que sexan menores os intereses que cobramos nos nosos préstamos. A xente debe valorar que obtén un rendemento social porque contribúe á produción de riqueza.

Que proxectos acoden a Fiare?

Todos están relacionados coa cooperación internacional, inserción sociolaboral, economía solidaria, cultura ou medio ambiente, en definitiva, proxectos que contribúan a un impacto social positivo. Todo o crédito que outorga Fiar ediríxese a unha economía real e produtiva non á ficticia e especulativa, causante de todo o que está a suceder. En Navarra, prestamos até o momento 770.000 euros para seis proxectos. A ningunha das iniciativas propostas se lle dixo que non.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: