Obsolencia programada: “Comprar, tirar, comprar”

Por que os produtos electrónicos duran cada vez menos? Como é posible que en 1911 unha lámpada tivese unha duración certificada de 2500 horas e cen anos despois a súa vida útil viuse reducida á metade? É compatible un sistema de produción infinito nun planeta con recursos limitados?

Estas e outras preguntas xorden no documental “Comprar, tirar, comprar”, que xa podes ver completo a continuación.

Rodado en Catalunya, Francia, Alemaña, Estados Unidos e Ghana, “Comprar, tirar, comprar”, fai un percorrido pola historia dunha práctica empresarial que consiste na redución deliberada da vida dun produto para incrementar o seu consumo porque, como xa publicaba en 1928 unha influente revista de publicidade norteamericana, “un artigo que non se desgasta é unha traxedia para os negocios”.

O documental, dirixido por Cosima Dannoritzer e coproducido por Televisión Española, é o resultado de tres anos de investigación, fai uso de imaxes de arquivo pouco coñecidas; achega probas documentais e mostra as desastrosas consecuencias ambientais que se derivan desta práctica. Tamén presenta diversos exemplos do espírito de resistencia que está a crecer entre os consumidores e recolle a análise e a opinión de economistas, deseñadores e intelectuais que propoñen vías alternativas para salvar economía e medio ambiente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: