Asemblea FiareGZ: 22 de xaneiro de 2011

O xoves 20 de xaneiro as 12:00 horas no local de PROCLADE, na rúa Honduras nº 7, ten lugar unha rolda de prensa na que se presenta a ASEMBLEA de FIARE GALIZA, a celebrar este sábado 22 dende as 10,00 horas neses mesmos locais. Esperámoste e agradecemos de antemán a túa presenza!

O sábado 22 de xaneiro Fiare Galiza celebra unha asemblea aberta en Vigo, no local de Proclade, na rúa Honduras nº 7. O comezo da mesma será ás 10 h, 10:30 h en segunda convocatoria, e extenderase durante a mañá e a tarde desa xornada. Os puntos fundamentais a abordar serán unha posta ao día do estado do proxecto e das súas contas a nivel galego. Contaremos tamén coa presenza de Peru Sasia que nos falará da situación do proxecto en todo o estado.

Fiare fai parte da chamada banca ética. A banca ética é unha proposta de intermediación financeira que persegue a transformación social, polo que os seus labores de captación de capital, investimento e préstamo realízanse desde unha filosofía integral e uns fins éticos ao servizo da xustiza. Fronte aos criterios meramente económicos da banca tradicional e á progresiva bancarización das caixas, a banca ética propón unha xestión económica baseada nos fins sociais e non no lucro nin en dinámicas especulativas. Trátase de construir un sistema financeiro que estea ao servizo das persoas e non á inversa.

Baixo este prisma nace Fiare, un proxecto de creación e consolidación dun sistema estatal de banca ética que se constitúa en alternativa elixible pola cidadanía e que actúe significativamente pola transformación do sistema financeiro, aliñándose con aquelas entidades que xa están traballando no ámbito da economía solidaria, mediante un funcionamento en mans dos movementos sociais. Desde esta perspectiva, os obxectivos xerais de Fiare, como intermediario financeiro son:

  • Financiar actividades económicas que impliquen un impacto social positivo e transformador. É dicir, apoiar empresas, actividades e proxectos sociais, ecolóxicos, culturais e solidarios, favorecendo o desenvolvemento humano tanto nas nosas sociedades do Norte coma do Sur, poñendo o diñeiro a disposición das persoas excluídas e das organizacións que traballan con elas.
  • Ofrecer instrumentos de aforro e de investimento responsables. Trátase de poñer a disposición da cidadanía a posibilidade de apoiar cos seus aforros ese tipo de actividades, decidindo responsablemente o uso que fai a entidade financeira dos seus aforros e excluíndo calquera investimento en actividades ou empresas que colaboren co mantemento da inxustiza e o deterioro do noso mundo (tráfico de armas, explotación laboral, destrución do medio ambiente …).

O nacemento de Fiare ten un fito no 2003, cando 52 organizacións sociais vascas crean a Fundación Inversión y Ahorro Responsable. Pronto redes doutros territorios achéganse ao proxecto e comezan un proceso de construción conxunta.

A constitución da asociación e da territorial Fiare Galiza sucedeu o 16 de xaneiro de 2010. A partires desta data poden sumarse os colectivos e persoas individuais que, desexándoo e solicitándoo, cumpran os requisitos requeridos. As asociacións comprometidas en Fiare Galiza (decembro de 2010) son: ADEGA, AIS “O Peto”, Altermundo, ARELA, Asociación Amarante, Coordinadora Galega de ONG’s para o Desenvolvemento, Enxeñaría sen Fronteiras, Fundación Taller de Solidariedade, Panxea, Proclade, Parroquia Cristo da Victoria de Vigo, Sindicato Labrego Galego, Solidariedade Internacional, Verdegaia. Estes colectivos contan co apoio doutros que teñen pensado pertencer á Fiare Galiza nos vindeiros meses. En total, a 11 de decembro de 2010, existían en FIARE Galiza 14 persoas socias xurídicas e 66 persoas socias físicas.

Invitámosvos a achegarvos o día da asemblea para coñecer este proxecto de economía social e alternativa que está a nacer en Galiza.

Para máis información:

 

Advertisements

Unha resposta

  1. Boas.
    Por motivos laborais, estou en Logroño nesa data.
    Contade co meu apoio e agradecería me manteñades informado sobre a marcha do proxecto.
    Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: