Asemblea FiareGZ 2011: un punto de inflexión para o proxecto Fiare en Galiza.

Este sábado, 22 de xaneiro de 2011, tivo lugar en Vigo a Asemblea de Fiare Galiza (FiareGZ).

Contamos coa presenza de Peru Sasia (director de Fiare), de máis de corenta persoas socias físicas e coa representación dos colectivos que conforman FiareGZ.  Temos moito que agradecer a tanta xente que está a apoiar o proxecto e que segue a traballar de forma incansable para que medre esta realidade de banca ética que ten como base o tecido social e produtivo.  Queda moito por facer pero o pulo que supuxo este encontro, permítenos seguir con forzas renovadas e sendo conscientes, se podiamos selo máis, de que FIARE vai ser a maior iniciativa de economía social do estado español.  O máis importante é que todas as persoas que queiramos podemos formar parte dela, está nas nosas mans!

Anímate a participar! Podes facelo nos distintos equipos de traballo (materiais, difusión, …) e nos grupos locais (de Vigo e Santiago e en creación noutras cidades galegas) que se crearon para que, pouco a pouco, entre todas as persoas que así o desexemos poidamos seguir a expandir esta realidade e  a crear sinerxias.  Para máis información non dubides en preguntar en: fiaregz@proyectofiare.com

En breve engadiremos toda a información que poida reflectir parte do entusiasmo esperanzador que se revertiu nesta asemblea.

Artigos nos que se fai referencia á Asemblea de Fiare GZ:

Advertisements

Unha resposta

  1. […] pasada fin de semana celebrábase en Vigo a asemblea de Fiare Gz, na que puideron participar os socios entre os cales está a nosa comunidade. Os medios de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: