O convenio de colaboración como ferramenta de traballo de Fiare

Durante os últimos 2 exercicios fomos constatando diversas características do noso traballo que xeraban dificultades: por unha parte, o limitado da nosa estrutura dificulta chegar a moitas partes do territorio, tanto para ser recoñecidos como para operar desde o punto de vista práctico. Igualmente, empezamos a ter limitacións para atender todas as solicitudes de crédito nos tempos oportunos. Ao tratarse de propostas de clientes que normalmente chegan por primeira vez, non temos ningún tipo de documentación nin historial previo da entidade. Se ademais lle engadimos que non temos oficina próxima en moitos casos ou que se traballa para clientela ou administracións que non teñen conta aberta con nós, todo se complica.

A crise tróuxonos os primeiros casos (non chegan á media ducia e en importe inferior ao 1% do crédito promovido por Fiare) de dificultades na devolución dos créditos. E non é casualidade, trátase de entidades que non pertencen a redes sociais. É dicir, hai unha dificultade previa de coñecemento dos problemas que poden vir, non hai interlocución fóra da propia entidade, que normalmente prefire non dar a coñecer a situación con exactitude, ata que é demasiado tarde.

No caso de entidades que traballan conxuntamente, atopamos unha detección de necesidades comúns, o que permite aforrar moitos custos de análise; un tipo de operación repetida, moitas veces anticipar unha subvención resolta pola mesma administración pública, que permite reducir tempos de resposta e realizar un seguimento conxunto; unha rede de referencia como interlocutor común en caso de dificultades, que permite resolver pacificamente as situacións críticas.

Por todo o anterior, intentamos durante este ano asinar convenios de colaboracións, na liña de poder chegar de forma agrupada a máis organizacions, poder formular solucións concretas ássúas necesidades reais, aforrar custos de estudo, gañar en velocidade de resposta e reducir o risco de non pagamento. Por todo o anterior, ofrecemos condicións financeiras máis económicas, en coherencia co menor custo que a nós nos supón a operación.

Pero non se trata só dun acordo comercial. Fiare é un proxecto de agregación de persoas convencidas de que outras finanzas son necesarias para construír ese “outro mundo posíble”. E esa construción realízase en colaboración con outras redes de persoas e organizacións que comparten soños, esperanzas, loitas e dificultades. As cousas non van a cambiar soas, nin polo esforzo solitario dunha persoa ou organización. Necesitamos tecer relacións entre diferentes para acumular forzas que permitan ser realmente significativos, buscar sinerxias, non só no financeiro.  E esperamos que esta liña de traballo permita acadalas. Esta liña de traballo concrétase nalgúns exemplos que vos presentamos a continuación:

Para continuar lendo este artigo perme en: Etikum-2-EdicGaliza-xan11.

Podedes atopar información actualizada sobre o Proxecto Fiare:

Podes formar parte deste proxecto tan entusiasmante e integrador!  Participa en FiareGZ! Podes facelo nos distintos equipos de traballo (materiais, difusión, …) e nos grupos locais (de Vigo e Santiago -en proceso-  e en creación noutras cidades galegas) que se crearon para que, pouco a pouco, entre todas as persoas que así o desexemos poidamos seguir a expandir esta realidade e  a crear sinerxias.  Para máis información non dubides en preguntar en: fiaregz@proyectofiare.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: