Banca ética de Badaxoz e de Mérida presentan os seus balances de 2010

A Banca Ética de Badaxoz e a Banca Alternativa de Mérida presentan este fin de semana nas súas respectivas asembleas os resultados da súa actividade en 2010.

Banca Ética de Badaxoz

Concedeu durante o ano 2010 once préstamos por unha contía total de 17.000 euros, entre as accións desenvolvidas para difundir as finanzas “éticas”.

A concesión destes préstamos será unha das accións que a Banca Ética de Badaxoz exporá este domingo, ás 18,00 horas, na VII Asemblea anual que a entidade celebrará na residencia universitaria Hernán Cortés, situada na avenida Antonio Masa Campos de Badaxoz.

O encontro está dirixido aos seus socios, aínda que estará aberto a “todas” as persoas interesadas nas “finanzas éticas”, e nel exporán as accións realizadas en 2010 e as previstas para 2011, segundo informou a entidade en nota de prensa.

Outro dos obxectivos da Banca Ética de Badaxoz é impulsar o proxecto de Fomento de Iniciativas para a Articulación da Responsabilidade Económica (Fiare). O grupo motor da entidade fórmano Fernando das Heras, Pilar Martín, Vicente Pardo, Javier Martínez e Modesto González, así como Ana Mendiola, Jesús Cordeiro, Marisa Pinto e Emilio Viñuelas. [Gente Digital]

Contacto: info @ bancaeticabadajoz.org – 680.916.155 – http://bancaticabadajoz.blogspot.com

Asociación de Banca Alternativa (ABA) de Mérida

Xestionou as peticións de cinco prestatarios de Mérida que solicitaron microcréditos por importe inferior aos 1.000 euros cada un e que, entre outras cousas, serviron para arranxar un coche.

O pago de fianzas de aluguer, pagos de gastos familiares básicos e o pago dunha multa por parte dun inmigrante en situación irregular en España como paso previo á regularización e obtención da autorización de residencia e permiso de traballo son outros das necesidades que se cubriron con estes microcréditos.

Esta asociación, constituída en xuño de 2010 e integrada por 30 persoas, celebra o sábado o Primeiro Encontro de Socios, que tamén está aberta a todos os interesados en coñecer o funcionamento dunha banca ética e solidaria, segundo indica nun comunicado.

A actividade principal de ABA Mérida é o aforro dos seus asociados nun “Fondo Económico de Solidariedade” destinado á concesión de microcréditos en condicións adecuadas á capacidade financeira dos prestatarios.

Estes microcréditos están destinados a persoas e familias que necesitan atender gastos esenciais dos seus fogares e son excluídos do crédito da banca comercial convencional, e aos empresarios e emprendedores que necesitan crédito para a viabilidade e sostemento das súas empresas de economía social, que promoven o emprego estable e que as súas actividades son economicamente viables e respectuosas co medio ambiente.[abc]

Contacto: aba_merida @ gmail.com – 615.012.389 – http://aba-merida.blogspot.com

Fonte: Portal de Economía Solidaria

 

En Galiza contamos cunha iniciativa económica “micro” similar ás anteriores e que  forma parte de FiareGZ, é AIS O Peto.  AIS “O Peto” é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, local, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de microcréditos a proxectos diversos. Xa que toda decisión económica é, no último termo, unha decisión ética.  Está a permitir que uns vinte proxectos sexan unha realidade.

 

Participa en FiareGZ! Podes facelo nos distintos equipos de traballo (materiais, difusión, …) e nos grupos locais (de Vigo e Santiago -en proceso-  e en creación noutras cidades galegas) que se crearon para que, pouco a pouco, entre todas as persoas que así o desexemos poidamos seguir a expandir esta realidade e  a crear sinerxias.  Para máis información non dubides en preguntar en: fiaregz@proyectofiare.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: