Dous concellos navarros socios da Banca Ética Fiare

Lugar da noticia: Villava

Xa son dous os concellos navarros que se fixeron socios da futura cooperativa de Banca Ética Fiare.

A finais do 2010 foi o concello de Ansoáin, e esta vez foi o Concello de Villava, quen o mes pasado fixo efectivo o seu compromiso de facer achega a capital para a futura constitución de Fiare.

Este feito forma parte da campaña de captación de capital social, que a Asociación Fiare Navarra leva realizando desde 2009. Dentro desta campaña, en 2010 iniciouse un proceso de contacto con concellos navarros, co obxectivo de buscar a implicación destes nas finanzas éticas. Para a Asociación Fiare é importante que este compromiso se realice por consenso de todos os grupos políticos do consistorio, co fin de garantir o acordo no tempo e independentemente da lexislatura.

Actualmente son catro os concellos que se comprometeron co apoio da banca ética, que xunto co parlamento de Navarra serían cinco as institucións públicas implicadas no proxecto. Coa nova achega de Villava, e o que realizou Ansoain, son dous as institucións que fixeron efectivo o compromiso, esperando que en breve outras institucións se impliquen coas finanzas éticas, e as que xa o fixeron, fagan efectivo o seu acordo.

Actualmente Fiare leva recollidos en Navarra algo máis de 318.000 € cumprindo as metas expostas, sendo 208 persoas físicas, 19 entidades e empresas e 2 Concellos os involucrados até agora neste proxecto.

A noticia da achega do Concello de Villava á Banca Ética Fiare fíxose pública nunhas xornadas sobre economía solidaria que se levaron a cabo o pasado 23 e 24 de febreiro no devandito municipio.

Para saber máis sobre Fiare:

Foto: Xornadas de economía solidaria en Villava – REAS Navarra.

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Participa na túa territorial máis próxima: FiareGZ.

Advertisements

Unha resposta

  1. […] Dous concellos navarros fanse socios da Banca Ética Fiare fiaregz.wordpress.com/2011/03/07/dous-concellos-navarros-soc…  por Socram hai 2 segundos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: