Nin tan distintos nin tan distantes

Lugar da noticia: Valencia

O sistema non se aguanta. As persoas padecémolo, sufrímolo. Aumentan os roubos de alimentos, iso é fame non cobiza. Con todo, calquera diría que non caemos o suficiente, que necesitamos o fedor dun pozo máis profundo para reaccionar. As inxustizas suceden ao sen sentido das accións dos nosos gobernantes, mentres cortinas de fume tentan distraer a nosa atención.

Hai xa moitos meses unha persoa dixo “non imos pasar fame” e fai menos, escoitabamos nun corte de radio a outra persoa cuxo grito doíanos a todos. A que esperamos para reaccionar?

Coñecín o egoísmo dalgunhas persoas en todos os ámbitos, empresas, políticos, ONG’s, traballadores, sindicatos, … e vivín como ademais, se manteñen moitas destas estruturas, e persoas, pola súa oposición a outras, sen ter un sentido propio no seu quefacer. Só son, na medida que se enfrontan a outro.

O sistema ten que cambiar e témolo que cambiar entre todos. Non podemos admitir que algúns, uns poucos, nos vendan a súa solución desde a vontade de coidar o seu espazo por encima doutros. Ao contrario, é tempo de traballar nunha dirección única. A sociedade é de todos e os nosos gobernantes son os administradores da nosa vontade e iso é o que lles habemos de esixir. Para iso é necesario deixarlles claro cal é a nosa vontade, que é o que queremos, algo que os nosos feitos lles han de demostrar. Por iso, é necesario que actuemos, que pasemos aos feitos.

Debemos tender pontes de colaboración entre os mundos que outros se empeñaron en separar porque o seu poder vén de aí. O empresario local, o pequeno e mediano empresario, que é o maioritario na nosa terra, é un actor social que non vive tan lonxe da súa contorna e  o que é máis, necesítao. A interdependencia entre os diferentes actores da sociedade é real e é de cegos non recoñecela. Son uns poucos, aqueles que xa non son de ninguén e que tan só renden contas ao seu capital e/ou o seu ego, os que se afanan en seguir contrapondo aos actores pois a súa unión podería pór en perigo a súa hexemonía. É unha táctica vella e usada, separar as partes e porse no medio para envelenar e distorsionar a convivencia. Vivímolo moi de preto e recoñecémolo con facilidade.

Nestes momentos nós envorcamos todo o noso esforzo en tender pontes e propor solucións de forma que todos atopemos o lugar no que sexamos útiles, a esta, a nosa sociedade. É esta a única forma de construír solucións. Hai que cambiar o sistema obsoleto e non permitir que nos confundan con falsas accións que non fan senón, perpetuar esta situación para o beneficio duns poucos.

As grandes estruturas que se crean en todos os ámbitos son as principais causantes da distancia entre o que necesitamos e o que temos. Os seus intereses non son os nosos, loitan por pervivir nos seus castelos. Pequenos sindicatos, partidos, empresas, entidades civís, corporacións locais,…. e as persoas, unha a unha, somos a sociedade na súa inmensa maioría e con todo, son menos os que din e deciden.

Estamos a construír alternativas e instalándoas desde dentro do sistema pero se non reaccionamos todos, tardarán moito en atopar unha realidade. Esixámonos responsabilidade, coherencia e, polo que ultimamente o vemos máis difícil, empatía e xenerosidade para poder compartir un camiño de saída.

SOMOS EMPREGADOS, VECIÑOS, CONSUMIDORES, EMPRESARIOS, POLÍTICOS, ESTUDANTES, … Todos somos e actuamos en función dos papeis que desempeñamos en cada momento. Aínda que nos empeñemos en separarnos, todos xuntos temos a CORRESPONSABILIDADE de cambiar esta situación polo ben xeral.

NITTÚA
Raúl Contreras
Núria González

Hai alternativas!  Podes formar parte do proxecto Fiare!  É entusiasmante e integrador!  Participa en FiareGZ! Podes facelo nos distintos equipos de traballo (materiais, difusión, …) e nos grupos locais (de Vigo e Santiago -en proceso-  e en creación noutras cidades galegas) que se formaron para que, pouco a pouco, entre todas as persoas que así o desexemos poidamos seguir a expandir esta realidade e  a crear sinerxias.  Para máis información non dubides en preguntar en: fiaregz@proyectofiare.com.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: