“Economía responsable. Principios e fundamentos da Banca Ética”

Enxeñeiros sen Fronteiras organiza unha charla sobre banca alternativa

REDACCIÓN | A Coruña A organización Enxeñeiros sen *ronteiras programa para mañá, ás seis da tarde, unha charla sobre banca alternativa e ética, co activista Alfredo Losada.

Será na aula número 5 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. Esta charla con Losada tratará sobre os preceptos e os obxectivos da organización Fiare, que é unha entidade que nace co ánimo de rescatar o valor social do diñeiro e a actividade económica, para polo ao servizo do mundo.

Fiare é unha ferramenta de intermediación financeira en forma de cooperativa de crédito que vela polo interese común, pola transparencia e pola participación, de modo que dirixe o aforro das familias a proxectos destinados a cambiar os alicerces da sociedade.

A entrada é gratuíta para todos aqueles que estean interesados en saber máis sobre as maneiras alternativas aos bancos e as caixas de gardar o seu aforro.

Dentro do proxecto Fiare hai dous tipos de produtos: os préstamos e os depósitos. Os usuarios que realicen un depósito poderán indicar as súas preferencias sobre o destino dos seus aforros.

Fonte: laopinióncoruña.es (A Coruña).

Esta semana lembra que o vernes, 18 de marzo de 2011, ás 18:00 horas no Centro Cívico do Castrillón (A Coruña) podedes asistir á Mesa redonda (promovida por ATTAC-A Coruña) “A crise financeira, causas e alternativas posibles” con FiareGZ, Coop57 GZ e Manuel Fernández López (profesor de economía aplicada da USC).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: