“Que é a economía social e solidaria?”, charla con Rodolfo Pastore

Presentamos a continuación un fragmento dun taller realizado polo director do Proxecto CREES da Universidade de Quilmes e Coordinador Xeral do Diploma de Extensión Universitaria no que describe que se entende por Economía Social e Solidaria, a súa relación coa política, as relacións de dominación, e a afirmación de que o económico se xoga en cada aspecto das decisións que se toman.

“En economía social e solidaria cando falamos de economía, falamos da economía como aquela produción e reprodución de bens e servizos que serven para a reprodución ampliada da vida, este é o sentido último desta economía.

Na economía social e solidaria, a súa finalidade transcendente ten que ver coa reprodución ampliada da vida. E que é isto da reprodución ampliada da vida? A reprodución ampliada da vida tomada dun concepto dos pobos orixinarios de América Latina que é o bo vivir. A reprodución ampliada da vida non é consumir máis, consumir máis pódenos levar á drogadicción. A reprodución ampliada da vida é xerar desde nós, desde os nosos vínculos, desde as nosas estruturas, desde as nosas políticas, mellores formas de vivir, onde a xente realmente sexamos mais saudables, onde esteamos mellor. Este é o obxecto da economía social e solidaria, é a finalidade desta economía. E neste bo vivir, paréceme moi interesante a cuestión da cultura da vida.

Non hai economía social e solidaria sen política, non hai economía social e solidaria sen cultura. Na medida que novos consumidores que privilexien un tipo de consumo lle dean valor a un determinado tipo de cousas en relación a outras, por exemplo: todos estamos en contra de trata de persoas; agora, cando compramos un ben, sabemos que ten por detrás, en última instancia, relacións de dominación, etc.? Non, non o sabemos, moitos de nós utilizamos bancos, eses bancos fan lavado de diñeiro con procesos de dominación moi importantes e non o sabemos. Entón tamén pensar en termos de economía social é pensar: onde compramos, onde consumimos, onde vendemos e como facemos para construír outro mercado.

Porque o problema é que se soamente podemos competir nos mercados existentes que teñen por detrás a lóxica do mercado, é un problema. Estamos inmersos no sistema, pero estamos para transformar isto, senón, para que estamos? E se estamos para transformar isto, como o imos a facer? Gustoume esa idea da perda da centralidade, e en realidade da ganancia da centralidade. Vostedes saben como se desmoronou o Imperio Romano, o Imperio Romano non se desmoronou do seu centro, os bárbaros atacárono por todos lados e ao final caeu, caeu polo seu propio peso. Nós estamos en última instancia nesta lóxica da barbarie, é unha lóxica da subversión desde distintos lugares de poder, así hai que ir desmoronado todo isto desde distintos lugares, porque se imos desde o centro esmágannos. Neste sentido, desde esta economía social e solidaria temos que construír desde o local outras relacións e outras formas non só de facer o económico senón de intercambiar o económico“.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: