Fiare concedeu un total de 6,3 millóns de crédito a entidades de economía solidaria no País Vasco

Lugar da noticia: Bilbao.

Dos 20 millóns de euros de crédito que concedeu Fiare nos catro anos de actividade en todo o Estado español, 6,3 millóns foron para diferentes proxectos relacionados coa economía solidaria e/ou a inserción laboral promovidos por entidades e empresas asociadas a REAS Euskadi (Rede de Economía Alternativa e Solidaria) e/ou Gizatea (Asociación de Empresas de Inserción do País Vasco).

Desta maneira, podemos concluír que na actualidade Fiare é unha ferramenta financeira de banca ética que na nosa comunidade está a potenciar o desenvolvemento das iniciativas de economía solidaria e que estas, á súa vez, consideran a Fiare como aliado estratéxico para o seu desenvolvemento.

Así mesmo, nos últimos meses Fiare asinou acordos de actividade financeira preferente con REAS Euskadi (ligazón ao acordo) e Gizatea (ligazón ao acordo) que inclúen condicións melloradas para as entidades e empresas membros destas redes.

Todo iso reforza o compromiso bidireccional ente Fiare e o sector da economía solidaria vasca. Dunha parte, a banca ética Fiare convértese nunha ferramenta propia do movemento da economía solidaria. Por outra banda, as entidades das redes de economía solidaria vasca reforzan o seu compromiso con Fiare, ademais de como clientes financeiros, como entidades comprometidas co impulso, desenvolvemento e crecemento deste proxecto colectivo de banca ética, ben a través da súa participación directa na Fundación Fiare en Euskadi, como participando da campaña de captación de capital social para a futura cooperativa de crédito.

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: