Análise cualitativa dos Fondos de Investimento Socialmente Responsables comercializados en España

Autor/a: FETS

España é o país europeo con menos capital investido en Fondos de Investimento Socialmente Responsables

· Hai contradicións entre o que proclaman as empresas e as axencias de rating, e as entidades de denuncia.

· O sector financeiro atrae o 26% dos investimentos socialmente responsables xestionadas en España.

· A economía social non está a recibir investimentos dos Fondos ISR.

Todo isto despréndese do estudo “Análise cualitativa dos Fondos de Investimento Socialmente Responsables comercializados en España”, publicado polo Observatorio das Finanzas Éticas e que se presentou o martes 12 de abril de 2011 en Barcelona.

Actualmente España é o país europeo con menos capital investido en Fondos de Investimento Socialmente Responsables. No entanto, nos últimos anos, a banca convencional empezou a ofrecer produtos de investimento que, con rendibilidades similares aos produtos tradicionais, buscan a integración de criterios ambientais, sociais e de bo goberno corporativo nas políticas de investimento. Son os chamados Fondos de Investimento Socialmente Responsables ou ISR. É significativo que o ano 2007 o goberno español expuxese investir o 10% dos Fondos de Reserva da Seguridade Social, en fondos que cumprisen estes criterios.

Contradicións entre o que proclaman as empresas e o que afirman as entidades

Existen contradicións importantes entre o que proclaman as empresas que máis investimento reciben por parte dos fondos ISR, e o que denuncian outras entidades. O mesmo que xa se detectou en Estados Unidos e o Reino Unido cúmprese tamén en España: os activos que invisten nestes fondos non difiren demasiado dos fondos convencionais.

Das 10 entidades analizadas, como mínimo 9 teñen filiais en paraísos fiscais, e 3 das 4 entidades financeiras (entre elas o BBVA e o Banco Santander) teñen relacións confirmadas coa industria militar e proxectos enerxéticos que causaron gran balbordo mediático en América Latina. Entre as empresas europeas que máis investimento reciben atopamos empresas como Nestlé, Shell ou Novartis, que á súa vez foron obxecto de numerosas campañas de denuncia.

A economía social non recibe fondos de investimento ISR

A proximidade conceptual entre as finanzas éticas e os investimentos socialmente responsables é evidente, pero o estudo conclúe que a economía social (tamén chamada do terceiro sector) non está a recibir investimentos dos fondos de investimento ISR. Aínda que a contorna legal ofrece a posibilidade de investir en activos non cotizados, non hai constancia de que ningún dos fondos de investimento ISR comercializados en España realizase investimentos en entidades da economía social.

Estas contradicións débense á diverxencia de criterios e a falta de transparencia nas valoracións

Ao longo dos anos, os investidores foron aumentando a complexidade das súas estratexias para aliñar os seus obxectivos financeiros, cos seus principios éticos, sociais e ambientais. Se nun inicio limitábanse a aplicar criterios excluíntes (deixando de lado sectores como o armamento ou o alcol) na actualidade predominan os fondos que discriminan positivamente empresas coas “mellores” políticas sociais, ambientais e de bo goberno corporativo.

Para valorar estes aspectos xurdiron axencias especializadas de rating que desenvolveron metodoloxías de valoración propias. Tamén existen diversos índices bolsistas especializados como o Dow Jones Sustainability Index, ou o FTSE4Good que inclúen empresas cualificadas como sustentables e socialmente responsables. A escasa regulación do sector, a vaguidade dos estándares dos informes de responsabilidade social das empresas e a falta de transparencia nos criterios utilizados polas empresas de rating e os índices bolsistas, son as principais causas das contradicións identificadas no estudo.

PODEDES CONSULTAR O ESTUDO COMPLETO NO SEGUINTE ENLACE: http://bit.ly/goVC8u

Fonte: FETS – Financiamento ético e solidario

Más información:
Núria Mateos
Prensa FETS:premsa@fets.org
93 368 84 81
www.fets.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: