O valor social dos intereses.

Nunha situación de crise económica como a que vivimos, as persoas e organizacións tendemos a sentirnos inseguras e a protexer o pouco ou moito que temos, por medo a perdelo. Porén, hai algunhas que nos seguen dando leccións, máis intensas se cabe, canto máis difícil é a situación.

Pór o valor do diñeiro, absoluto para a nosa sociedade, no seu sitio,recuperándoo como medio, e non como fin en si mesmo, non é nada fácil. E iso pretende a humilde contribución da libreta redes: recordarnos a quen temos a sorte de contar cun emprego e cuns pequenos aforros, que o noso benestar non depende dos intereses financeiros.

Non se trata só de evitar entrar na dinámica de buscar quen me dá un 0,25% adicional, sen saber moi ben a cambio de que, senón de renunciar ao cento por cento do interese, sexa este o que sexa, para que se utilice en apoiar aquelas organizacións e persoas que traballan en proxectos que necesitan recursos a fondo perdido para avanzar.

Nesta dinámica, cada vez máis persoas depositan os seus aforros coa certeza de mantelos no tempo, e coa confianza de ser empregados en proxectos que promoven os seus mesmos valores. Algúns deles ademais, renunciando á percepción dos intereses.

Os proxectos que poden apoiarse, son elixidos pola persoa titular da libreta de entre unha listaxe xerada coas iniciativas promovidas polas nosas persoas e organizacións socias en cada punto do territorio. Hainas de diferentes ámbitos xeográficos, sectores de intervención, etc. O seu único compromiso é utilizalo ben e informar, e o noso canalizar os fondos. Non hai contraprestación adicional, nin publicitaria, nin de ningún outro tipo. Somos o que facemos, non o que contamos, aínda que teñamos que dar contas de como e por que o facemos.

Respecto ao Etikum sobre o mesmo particular que enviamos hai agora 2 anos, destaca unha nova incorporación, a do tándem Oikocredit/Conosud. Destaca por dúas razóns diferentes. É a primeira vez que 2 organizacións se poñen de acordo para presentar un proxecto conxunto, polo que os importes recadados se distribúen ao 50%. Por outra parte, ambas participan no Sur en proxectos microfinanceiros, de diversa forma. Tanto Oikocredit Catalunya como CONOSUD son socios de Fiare Catalunya.

Seguir a ler o Etikum-3-EdicGaliza-abril11.

Podes formar parte deste proxecto tan entusiasmante e integrador!  Participa en FiareGZ! Podes facelo nos distintos equipos de traballo (materiais, difusión, …) e nos grupos locais (de Vigo e Santiago -en proceso-  e en creación noutras cidades galegas) que se formaron para que, pouco a pouco, entre todas as persoas que así o desexemos poidamos seguir a expandir esta realidade e  a crear sinerxias.  Para máis información non dubides en preguntar en: fiaregz@proyectofiare.com.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: