A Economía Social creou un 5% máis de empregos neste último ano

O presidente da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), Juan Antonio Pedreño, declarou que a Economía Social “seguirá creando emprego do mesmo xeito que o fixo no ano 2010, onde incrementou a súa cota de emprego nun 5% respecto de 2009”.  Estas declaracións realizounas tras a celebración da Asemblea Xeral de CEPES que tivo lugar este mércores en Madrid, enmarcada dentro da xornada “A Economía Social consolídase”, que patrocinou o Ministerio de Traballo e Inmigración.

Ademais, o presidente de CEPES destacou a constitución en 2010 de 856 novas sociedades cooperativas, con 10.700 novos socios, o que supón un incremento anual, respecto ao 2009, do 4,4%.

Outro elemento significativo, segundo Pedreño, foi o comportamento dos Centros Especiais de Emprego, que durante o 2010 crearon 9.000 novos postos de traballo. Situación similar é a producida nas Empresas de Inserción, onde se crearon 17 novas empresas, que supuxeron 860 novos empregos.

“O resto das familias da Economía Social melloraron os seus datos respecto ao 2009”, afirman desde CEPES, “o que explica os resultados, a efectividade deste modelo de empresa en situacións como a que actualmente estamos a vivir, unha vez demostrados tamén que en épocas de bonanza, o seu crecemento estivo por encima da media”.

Ante todos estes datos, o máximo dirixente da patronal da Economía Social remarcou que “queda demostrada a capacidade que teñen as entidades da Economía Social para liquidar diferentes desequilibrios do mercado laboral, así como a súa fortaleza para potenciar o desenvolvemento local e fomentar a igualdade de oportunidades para unha mellor cohesión social, como reflicte a recente aprobación da Lei de Economía social”.

Para constatar de forma cuantitativa estes datos, Pedreño anunciou tamén que CEPES vai publicar un estudo no que destacan, entre outros resultados, datos como a porcentaxe de integración de persoas con discapacidade nas empresas de economía social, onde se alcanza o 34%, fronte ás empresas mercantís, onde esta porcentaxe se sitúa no 0,16%.

No devandito estudo avánzase tamén que o colectivo de mulleres que traballan no sector da Economía Social ascende a un 45,2%, mentres que nas empresas mercantís é dun 33,9%. Resultados similares obtéñense en canto á inserción laboral de persoas menores de 25 anos e maiores de 54 anos.

Para finalizar, o presidente de CEPES declarou estar a traballar “para poder achegar aos diferentes grupos políticos, de cara ás próximas eleccións xerais, unha serie de ideas, reformas, proxectos, medidas e accións que permitan seguir xerando máis emprego e máis riqueza” nas empresas de economía social.

Páxina Web de CEPES

Fonte: Observatorio Economía Social.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: