Ética e bancarización das caixas

Autor: Fernando Larraza Uribarrena

As caixas de aforros necesitaron e necesitan aumentar os seus recursos propios e, ao non ter accionistas (na práctica son fundacións), non é posible ampliar capital social e, por iso, para resolver os dous grandes buracos da crise (situación da morosidade e a entrega de activos inmobiliarios como pago de préstamos), as dúas posibilidades que se utilizaron son a bancarización e as fusións, ou procesos combinados como o de Banca Cívica (SIP), que van danar un modelo que debería ser moito máis xerador de riqueza social, alternativa que si presenta a banca ética.

A sociedade civil, a través da ONG e as súas redes, están reclamado o apoio a este novo modelo de banca social, moito máis transparente e participativo, demostrando, doutra banda, a falta de ética de Banca Cívica, ao posuír investimentos na rentabilísima pero inxusta (e detestable socialmente) industria armamentística, investimentos que, por suposto, se sitúan fóra da capacidade de decisión dos seus clientes sobre a obra social (só un 25-30% do beneficio total). Un enorme esforzo en mercadotecnia oculta unha realidade que debería conceder moito máis poder de decisión aos clientes sobre os investimentos da obra social e agora non veñen bos tempos…

Aos temas de falta de ética de moitas das decisións sobre a obra social témoslle que sumar o risco do proceso de bancarización ao que estamos a asistir, consistente en transformar as caixas de aforros en sociedades anónimas ingresando diñeiro procedente da colocación das accións no mercado. Neste punto atemorízanos a perda definitiva da obra social das caixas, facendo así camiñar cara á exclusión bancaria á parte da poboación con menor renda, que non sería obxecto de interese para as caixas pola súa escasa rendibilidade. Pola contra, bancas éticas e cooperativas como Fiare garanten o dereito ao crédito a colectivos excluídos polo sistema financeiro comercial. E que non nos leven a engano, as caixas aumentaron as cantidades destinadas a obra social, pero (e este é o quid da cuestión), reduciron o % destinado a obra social respecto dos seus (até hai dous anos) crecentes beneficios.

Actualmente Banca Cívica é un SIP (Sistema Integrado de Protección). Baixo esta forma xurídica si parece que se salvagardarán as sedes sociais e fiscais, o ámbito de actuación crediticio e a decisión sobre a obra social de cada caixa participante, asegurando a vinculación a cada comunidade, pero vaise a pór en mans de accionistas privados uns recursos que van ser especulativos, buscando de novo rendibilidade… Máis do mesmo sen cambiar o groso do modelo de negocio causante da crise financeira.

O SIP Banca Cívica presentouse como un banco de caixas de aforro, é dicir que se creou un banco que dirixe o proceso. Tería sido desexable que se evitase este suposto e se permita ás caixas de aforros executar un contrato de SIP sen acudir á natureza bancaria, recoñecendo á agrupación de caixas como unha fórmula válida que polo menos mantivese a súa obra social.

Fonte: noticiasdenavarra.com

Hai alternativas!  Podes formar parte do proxecto Fiare!  É entusiasmante e integrador!  Participa en FiareGZ! Podes facelo nos distintos equipos de traballo (materiais, difusión, …) e nos grupos locais (de Vigo e Santiago -en proceso-  e en creación noutras cidades galegas) que se formaron para que, pouco a pouco, entre todas as persoas que así o desexemos poidamos seguir a expandir esta realidade e  a crear sinerxias.  Para máis información non dubides en preguntar en: fiaregz@proyectofiare.com.

Advertisements

Unha resposta

  1. […] Ética e bancarización das caixas fiaregz.wordpress.com/2011/04/20/etica-e-bancarizacion-das-c…  por riscogz hai 2 segundos […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: