Fiare e IDEARIA X Encontro de Economía Alternativa e Solidaria (Córdoba)

Data e Hora: Venres, 29/04/2011 (Todo o día) – Domingo, 01/05/2011 (Todo o día)
Lugar da actividade: Xardín Botánico – Córdoba

Destacamos

O director xeral do proxecto FIARE de Banca Ética, Peru Sasia, coordinará no X Encontro IDEARIA que se celebra en Córdoba o día 29 e 30 de abril e 1 de maio, o Obradoiro “As finanzas éticas no estado español como ferramentas da Economía Solidaria: cartografía  e horizontes”.

O obxectivo do Obradoiro é recoller toda a rica realidade das finanzas éticas e solidarias en España, expondo un “diálogo” coa Economía Solidaria e analizando posibles horizontes propios e compartidos de futuro. O Obradoiro realizarase entre as 10 e as 14 horas do sábado 30 de abril, no xardín Botánico de Córdoba, lugar onde se celebran todas as actividades de IDEARIA.

O Encontro clausurarase o domingo día 1 de maio cunha conferencia plenaria: “20 anos de historia, a Economía Solidaria como alternativa” a cargo de Ugo Biggieri, Presidente de Banca Popolare Ética Italiana (BpE), socio estratéxico de FIARE para a creación da primeira cooperativa europea de finanzas éticas e solidarias.

Xa se dispón de PROGRAMA!!

IDEAS e REAS (Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria) organizarán conxuntamente o X IDEARIA, un encontro de persoas e entidades interesadas na Economía Alternativa e Solidaria.

O Encontro, que conta tradicionalmente cunha participación dunhas 400 persoas entre representantes de varias organizacións de ámbito estatal e internacional e visitantes, celebrarase este ano durante os días 29, 30 de abril, e 1 de Maio na cidade de Córdoba (Andalucía, España).

Os actores da chamada “Economía Solidaria” seguen crecendo na medida que aumentan as preocupacións sociais e ambientais entre a cidadanía. Neste sentido, ofrecemos un marco para favorecer o fluxo e intercambio de coñecementos, de boas prácticas e de coordinación entre diferentes axentes e propostas de todo o Estado.

IDEARIA divídese en seis grandes eixos temáticos catro dos cales serán susceptibles de desenvolverse amplamente durante as Sesións Temáticas e a sección de Boas Prácticas.


Eixos Temáticos   

  • Produción e Consumo Responsable. Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria.
  • A economía solidaria fronte á crise. Ferramentas creativas para soster a empresa social e sustentable.
  • Intercooperación na economía solidaria. O Mercado Social.
  • Finanzas éticas.
  • Axentes públicos e a economía solidaria: Cláusulas sociais e mediambientales nas compras públicas.

Estes eixos temáticos agrupan unha gran variedade de seccións como son: economía solidaria, alterglobalización, comercio xusto, consumo responsable, financiamento ético, educación en valores, cooperación ao desenvolvemento, compra pública responsable, compra empresarial responsable, orzamentos participativos, empoderamiento da muller, comunicación alternativa, agricultura comunitaria e social, relaciones norte-sur, xestión enerxética, …

Facilítanse espazos de discusión e debate para todos os asistentes onde poderán intercambiarse opinións e experiencias.

Os contidos principais de IDEARIA desenvolveranse en: Relatorio Marco, Mesa redonda, Sesións Temáticas e Boas prácticas.

  • Relatorio Marco: unha personalidade do mundo da economía inaugurará o Encontro cun relatorio aberto a todos os asistentes.
  • Mesa redonda: representantes expertos de cada un dos eixos temáticos sobre os que vira IDEARIA exporán, ao redor dunha mesa, o seu diagnóstico panorámico da situación socioeconómica actual e apuntarán cara ás alternativas, solucións e posibilidades que ofrece a economía alternativa e solidaria.
  • Sesións Temáticas: As Sesións Temáticas son abertas á participación activa de todos os participantes e serán coordinadas por un experto en cada un destes eixos respectivamente.

O obxectivo destas sesións é acordar e diagnosticar, nun debate aberto, o momento actual polo que atravesa o sector correspondente e as solucións/propostas para melloralo. Todas as sesións estarán orientadas cara á proposta práctica de solucións e a vontade de establecer un calendario coordinado de accións a medio prazo. Algunhas das sesións temáticas dividiranse en dous niveis:

  1. para organizacións que traballan os eixos temáticas co fin de profundar na materia e chegar a construír e propor novas ferramentas de traballo,
  2.  persoas que se acheguen por primeira vez a estes conceptos pero queiran coñecer e pór en practica estas iniciativas.

Co obxectivo de que IDEARIA sexa un espazo de intercambio de experiencias e iniciativas innovadoras e exitosas no ámbito da Economía Alternativa e Solidaria, queda aberta a convocatoria para recibir modelos de Boas Prácticas.

De todas as propostas recibidas, o comité organizador de IDEARIA seleccionará catro delas por cada eixo temático e ofrecerá a oportunidade de presentalas no marco dun panel dirixido a todos os asistentes.  A organización de IDEARIA seleccionará 4 boas prácticas por cada eixo temático e informará daqueles proxectos elexidos.

¡Visite IDEARIA!:

IDEARIA está aberta á participación de toda a cidadanía, non fai falta ser experto en economía, basta con sentir curiosidade e disposición para aprender e compartir outras formas de entender o mundo económico na súa relación aos dereitos humanos, a solidariedade e o respecto ao medio ambiente. Se é vostede unha persoa interesada en acudir ao Encontro de Economía Alternativa e Solidaria, é moi aconsellable que non se demore á hora de inscribirse solicitando a ficha en encuentro@ideas.coop e reservar aloxamento ou billete para chegar ata Córdoba, xa que o Encontro celébrase durante datas moi animadas e concorridas na cidade.

REALIZA A INSCRICIÓN AQUÍ
(PRAZAS LIMITADAS DE ALOXAMENTO)

En caso de calquera dúbida sobre inscricións de visitantes, convocatoria Boas Prácticas, posibilidades de aloxamento ou para ampliar información sobre calquera outro aspecto relacionado con IDEARIA poden dirixirse a:

IDEARIA – 10º Encontro de Economía Alternativa e Solidaria:

IDEAS
C/ El Carpio, 55. Polígono Dehesa de Cebrián
14420 Villafranca de Córdoba, Córdoba, España
David Comet
Tel. (+34) 957 191 280
Fax: (+34) 957 190 338
encuentro@ideas.coop
www.ideas.coop

REAS
Carlos Rey
C/ Las Provincias, 6 bajo. 31014 – Pamplona
Tel. (+34) 948 13 64 62
info@economiasolidaria.org
www.economiasolidaria.org

Ou descargar información máis completa picando aquí.

Enlace: Idearia
Adxunto Tamaño
IDEARIA_2011_Programa.pdf 399.91 KB
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: