A BASE SOCIAL DO PROXECTO FIARE DE BANCA ÉTICA SUPERA OS DOUS MIL SOCIOS E SOCIAS

Córdoba-domingo 1 de maio 2011-

A coordinación estatal do proxecto FIARE de Banca Ética celebrou a súa reunión bimensual o venres día 29 de abril, no marco do X Encontro IDEARIA de Economía Alternativa e Solidaria que se celebra en Córdoba. Na reunión analizouse a evolución do proceso de construción social deste instrumento de finanzas éticas e solidarias. Ao peche do primeiro trimestre de 2011 (31 de marzo) o proxecto continúa a boa marcha expresada nos datos con que se pechou o ano 2010. Neste primeiro trimestre de 2011 incorporáronse ao proxecto 237 novos socios e socias, o que supón unha base social de 2.057 socios entre persoas físicas e entidades sociais.

A campaña de recollida de capital social, iniciada en abril de 2009, captou xa 2.320.000 euros achegados pola base social de FIARE.

O aforro recolleito por FIARE ascende a uns 27 millóns de euros e os préstamos outorgados, ou en fase de tramitación, a proxectos sociais e medioambientalmente sustentables supoñen uns 23 millóns de euros.

No marco do Encontro IDEARIA de Economía Alternativa e Solidaria, a coordinación estatal do Proxecto FIARE celebrou tamén o sábado 30 de abril unha reunión de traballo con Ugo Biggeri, presidente da italiana Banca Popolare Ética -BpE- coa finalidade de estreitar os mecanismos de traballo e relación entre ambos os dous socios estratéxicos no proceso de construción dun instrumento de banca ética e solidaria de ámbito europeo. Ugo Biggeri clausurarou este domingo 1 de maio a X edición de IDEARIA cunha conferencia sobre a Banca Ética e a Economía Solidaria.

Podes formar parte deste proxecto tan entusiasmante e integrador!  Participa en FiareGZ! Podes facelo nos distintos equipos de traballo (materiais, difusión, …) e nos grupos locais (de Vigo e Santiago -en proceso-  e en creación noutras cidades galegas) que se formaron para que, pouco a pouco, entre todas as persoas que así o desexemos poidamos seguir a expandir esta realidade e  a crear sinerxias.  Para máis información non dubides en preguntar en: fiaregz@proyectofiare.com.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: