Inside Job

Documental non só sobre as causas, senón tamén sobre os responsables da crise económica mundial de 2008, que significou a ruína de millóns de persoas que perderon os seus fogares e empregos, e, ademais, puxo en perigo a estabilidade económica dos países desenvolvidos. A través dunha extensa investigación e de entrevistas a financeiros, políticos e xornalistas, móstrase o auxe de empresarios sen escrúpulos e a degradación da política e a educación.

“Inside Job” presenta a indignante historia dun “goberno de Wall Street”e explica como esta recente crise financeira foi efectivamente un “inside job” ou delito interno colectivo executado por banqueiros, políticos, axencias calificadoras, burócratas e profesores universitarios, quen utilizaron a desregulación para crear e promover complexos instrumentos financeiros derivados e titulizados -coñecidos por algúns como “armas de destrución masiva”- para beneficiar as súas propias contas bancarias, mentres facían a vista gorda cando o mercado subprime de hipotecas se esborrallou, arrasando cos aforros de toda unha vida de moitas persoas comúns e correntes. Tal e como se afirma na película, “esta crise non foi un accidente”.

Segundo o seu director, Charles Ferguson, “Era unha crise totalmente evitable; de feito durante 40 anos despois da Gran Depresión, os Estados Unidos non tivo nin unha soa crise financeira. Con todo, a progresiva desregulación do sector financeiro desde a década do oitenta, deu paso a unha industria cada vez máis criminal, cuxas ‘innovacións’ xeraron unha sucesión de crises financeiras. Cada crise foi peor que a anterior e con todo, grazas ao crecente poder e riqueza da industria, moi poucas persoas foron encarceradas en cada unha delas. No caso desta crise ninguén foi encarcerado, a pesar da fraude que causou perdas de billóns de dólares. É a miña esperanza que a través desta película, en menos de dúas horas, todos poidan comprender a natureza esencial e as causas fundamentais deste problema. Tamén espero que despois de vela, independentemente da opinión política, os espectadores poidan estar e podamos estar todos de acordo na importancia de restaurar a honestidade e a estabilidade ao noso sistema financeiro, e de esixir responsabilidade a aqueles que o esnaquizaron.” Narrada polo gañador do Óscar® Matt Damon, rodouse en exteriores nos Estados Unidos, Islandia, Inglaterra, Francia, Singapura, e China. (FILMAFFINITY)

Hai alternativas.  Podes formar parte de Fiare, un proxecto entusiasmante e integrador!  Participa en FiareGZ! Podes facelo nos distintos equipos de traballo (materiais, difusión, …) e nos grupos locais (de Vigo e Santiago -en proceso-  e en creación noutras cidades galegas) que se formaron para que, pouco a pouco, entre todas as persoas que así o desexemos poidamos seguir a expandir esta realidade e  a crear sinerxias.  Para máis información non dubides en preguntar en: fiaregz@proyectofiare.com.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: