IDEARIA 2011 – Documentos e materiais

Documentos e materiais do IDEARIA – 10º Encontro de Economía Alternativa e Solidaria.
Celebrado en Córdoba, do 29 de abril ao 1 de maio.
Web da convocatoria e do programa
Organizado por Ideas + Reas Rede de Redes

Neste espazo iranse aloxando nos próximos días os documentos, vídeos e imaxes deste Encontro. De momento deixamos algunha foto, algunhas presentacións e o texto que Carlos Askunze, presidente de REAS, presentou na inauguración.

Inauguración

É para REAS Rede de Redes un verdadeiro pracer participar na organización, xunto coas compañeiras e compañeiros de Ideas, deste 10º Encontro de Economía Alternativa e Solidaria. Aínda que REAS colaborou e participou en anteriores edicións, esta é a primeira que o facemos como coorganizadores e non deixa de ser todo un símbolo que o sexa precisamente na súa décima edición.

Máis de 18 anos de encontros que foron claves para o desenvolvemento do movemento da economía solidaria no estado español, para recoñecer os seus avances, as súas fortalezas e as súas debilidades, os seus retos… pero sobre todo para constatar que somos movemento… porque nos movemos…

Un movemento dinámico, con novos proxectos, con novas ilusións e cunha rede de redes, REAS, cada vez máis estruturada, consolidada e en crecemento.

E seguímonos movendo a pesar da que nos está caendo… ou precisamente por iso. Tres anos de crises dinnos. Crise sufrida, como sempre, polo noso medio ambiente e polos pobos empobrecidos, polas persoas traballadoras, as precarias e as desempregadas, polas mulleres e as persoas inmigrantes, así como por todas as persoas que a nosa sociedade exclúe día a día.

Os gobernos que acudiron ao suposto rescate de quen provocaron este sufrimento, son os mesmos que agora impulsan políticas de recortes nos dereitos sociais, civís e políticos…

Mentres tanto, curiosamente, as grandes empresas do Ibex 35 non deixaron de multiplicar os seus beneficios e hai até quen, obscenamente, alcanzando o seu récord histórico permítese planificar o despedimento de miles de traballadores e traballadoras, á vez que propón aumentar millonariamente as primas dos seus directivos e conselleiros.

Así funciona a economía capitalista e fronte a ela propomos alternativas baseadas na solidariedade e a xustiza, alternativas que reinventen e recoloquen á economía no seu verdadeiro lugar, baixo o control político e da cidadanía. Unha economía solidaria que reivindica o papel central da persoa, dos pobos e do medio ambiente en todo proceso económico.

Unha economía solidaria que xunto ás economías feminista, ecolóxica, do decrecemento e outras economías críticas, vai sentando as bases dunha nova mirada e, sobre todo, unha nova práctica de facer economía nas súas diferentes facetas: financiamento, produción, comercio e consumo.

E é de todo iso do que van tratar estes encontros. Trátase dun espazo participativo no que queremos mostrar, aprender, compartir e construír prácticas concretas de facer outra economía: desde as fianzas éticas, a sensibilización cidadá, o comercio xusto e a soberanía alimentaria, a autoxestión, o mercado social e o consumo responsable, a cultura libre, a moeda social, a auditoría social…; e tantas experiencias e boas prácticas que se van a presentar que apuntan que é posible non só camiñar contracorrente á intemperie, senón construír alternativas plausibles e atractivas para cada vez máis sectores das nosas sociedades e do mundo enteiro. E, xunto a todo iso, haberá tamén espazos para a cultura e a diversión. E é que a economía e a sociedade polas que loitamos serán alegres ou non serán…

Recentemente multiplícanse os manifestos que apelan á indignación e á resistencia e convócannos a tomar as rúas… Desde REAS e desde todo o movemento da economía alternativa e solidaria compartimos esa indignación, resistimos fronte a tanta inxustiza e seguimos a pé de rúa tecendo unha nova economía e construíndo unha sociedade máis autoxestionaria, fraterna, solidaria e xusta.

Ongi etorriak
Benvinguts i benvingudes
Benvidos
Bienvenidos y bienvenidas a esta 10ª edición de Idearia.
Trabajad, compartid, construid y disfrutad!!

Arquivo Tamaño
Claves_e_retos_para_construír_un_novo_modelo_economico.pdf 2.57 MB
Idearia_presentacion.pdf 11.47 KB
Analise_inscripciones.pdf 8.24 KB
OBRADOIRO_PARTICIPACION.pdf 5.04 MB
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: