Forma parte do Proxecto FIARE!

O Proxecto Fiare é froito do traballo de persoas cheas de esperanza e con gran espírito creativo e transformador.  Podes formar parte da súa gran base social que permite que medre e se fortaleza. Conta (a 31 de marzo de 2011) coa participación de 9 territoriais (e varias en proceso de constitución), 34 grupos locais, 1 rede sectorial (Coop 57 –  cooperativa de servizos), apoio de 271 organizacións e de 1.786 persoas en todo o estado.  En Galiza xa somos (a 22 de maio de 2011) 20 persoas socias xurídicas e 95 persoas socias físicas.

O crecemento na promoción do aforro das organizacións e familias permitu dispor duns recursos que se destinan ao financiamento de proxectos transformadores, de xeito que a 31 de marzo de 2011, Fiare concedeu financiación a máis dun centenar de proxectos por un valor que ascende a 17.423.800, 00 €.  Para iso quérense traballar acordos con redes de organización que permitan chegar a máis tecido social sen necesidade de crecer en estrutura.

Podemos colaborar de moitos xeitos, todos eles son importantes e necesarios. Son fundamentais as aportacións económicas, pero tamén son indispensables o traballo de difusión e formación, a cesión dun espazo no propio local, participar nos equipos de traballo (difusión -reunión en Santiago de Compostela, no local de ADEGA, o 23 de maio de 2011-, materiais, etc.), colaborar nos grupos locais (polo momento en Vigo e Santiago, e en creación noutras cidades galegas), etc. Polo tanto, se facer unha aportación económica non é posible polo momento para ti ou para a túa asociación ou colectivo, non te preocupes, hai moitas máis formas de participar como acabas de ler.  Comenta as túas posibilidades, fai suxerencia, etc. no noso correo: fiaregz@proyectofiare.com

Se queres participar na futura cooperativa de crédito, anímate e convértete, cubrindo e enviando o formulario de solicitude, en:

  • Persoa Socia promotora: contribúe co seu tempo á construción e difusión do proxecto, participando con voz e voto na toma de decisións. Achega de capital social: persoa física, mínima de 300 €; persoa xurídica, mínima de 600 €.  Tamén supón unha achega de fondos adicionais para gastos de constitución do proxecto (fondo perdido): a partires de 30 € as persoas físicas, e de 300 € as persoas xurídicas.
  • Persoa Socia colaboradora: contribúe ao proxecto pero non está en disposición de asumir o compromiso de traballo do socio/a promotor/a. Achega de capital social: persoa física, 300 €; colectivos, 600 €; empresas e institucións públicas,1.800 €.  Opcionalmente pode contribuír aportando fondos para gastos de constitución do proxecto (fondo perdido).

Para máis información podes visitar: Participa!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: