A cultura libre como forma de transformación social

Lugar da noticia:  Zaragoza

As redes de economía solidaria apostan por impulsar a cultura libre, e este compromiso deixouse ver onte [8 de xuño de 2011] nas XVI Xornadas de Economía Solidaria de Zaragoza.

David Gámez de REAS e membro de Traficantes de Sueños explicou este compromiso e acompañouno Stéphane M. Groso, guionista, produtor e director de Copiad, malditos!, documental emitido por RTVE e con licenza libre, e que o podes ver integramente nesta noticia máis abaixo.

VIDEO COMPLETO DA CONFERENCIA (a partir do minuto 6)

CULTURA LIBRE e ECONOMÍA SOLIDARIA

O actual movemento pola Cultura Libre é unha resposta creativa con ferramentas prácticas de traballo ao alcance de todas as persoas á tendencia neoliberal polo control, a especulación e a restrición das liberdades no uso dos bens culturais. Non só os movementos sociais senón tamén empresas como Canonical, Google e administracións como as das CCAA de Andalucía e Estremadura (con enormes apostas estratéxicas), levan anos pondo os ollos na Cultura Libre e o Software Libre, explorando as enormes posibilidades desta realidade de traballo en rede con ferramentas de altísimo rendemento cultural.

En REAS existen empresas solidarias como Traficantes de Sueños, Visualiza, Investic, Bar vegetariano Birosta, Base Dixital, Simbiosis e redes territoriais como Reas Navarra que levan tempo traballando con criterios de Cultura Libre, así como Webs de importante referencia técnico-social como http://www.clausulassociales.org que se publican e estruturan con principios de Cultura Libre.

Trátase de compartir os dereitos de explotación, copia, publicación dos bens culturais. O vello paradigma do Copyright e as Patentes -modelos que fan augas cos novos medios- restrinxe a calquera persoa a posibilidade de facer uso dunha obra total ou parcialmente. Se non utilizamos unha licenza libre, por defecto “Todos os dereitos están reservados”- esta lexislación negativa fere de morte o proceso cultural. As normativas actuais avocan á cidadanía a un labirinto de culpa, persecución e autocensura respecto ao natural impulso de compartir. As distintas licenzas xeradas por diversos axentes permitiron darlle un sustento legal á Cultura Libre.

É tempo de reapropiarnos do dereito a compartir obras colectivas ou individuais e a lei vixente ampáranos.

Por que o Software Libre e a Cultura Libre é Economía Solidaria?

O Software Libre e a Cultura Libre responden por esencia ao concepto de Economía Solidaria co que vimos traballando en REAS. É dicir, tanto o software libre como a cultura libre baséanse no traballo colaborativo, en modelos económicos que devolven á sociedade o creado por eles/as, respectan o medio ambiente, promoven a igualdade de oportunidades e a equidade ao compartir o coñecemento con toda a sociedade, estenden o concepto de ecoloxía ao ámbito da creación de coñecemento, e pon a disposición da sociedade os medios de creación e en consecuencia posibilita a independencia económica e cultural das rexións.

  • Traballo colaborativo. Os miles de aplicacións e obras libres dispoñibles a día de hoxe para usar, copiar e modificar só foron posibles grazas ao traballo de miles de persoas en todos os puntos do planeta. Isto xerou novas formas de traballo comunitario e colaborativo á marxe de estruturas capitalistas clásicas.
  • Respecto ao medio ambiente. A cultura libre está estreitamente ligada á cultura dixital e á recente incorporación de medios para a copia e distribución de coñecemento medioambientalmente máis sustentables. Un claro exemplo é a música, onde xa non son precisos soportes tipo CD para a súa copia ou distribución. Por tanto afórrase en dispositivos. Ademais, a reciclaxe de computadores con GNU/Linux é unha realidade porque este sistema operativo ao non precisar de hardware de última xeración fai que a máquina non quede obsoleta nun breve período de tempo.
  • Promoción de igualdade de oportunidades e equidade. O acceso á información e cultura é imprescindible para o desenvolvemento intelectual, social e político en calquera sociedade. As licenzas privativas limitan o acceso de calquera persoa ou grupo a gran parte do coñecemento ou cultura xerado en diferentes ámbitos. É necesario impulsar a cultura libre para dotar a calquera persoa, independentemente do seu status ou situación socio-económica de recursos para o acceso ao coñecemento.
  • Ecoloxía do coñecemento. A cultura libre posibilita que tanto o desenvolvemento tecnolóxico como o cultural se formulen reutilizando o coñecemento e experiencia adquirida por outras persoas ou grupos. O coñecemento nun ben común que se constrúe socialmente, e como tal ha de ser entendido, tratado e utilizado.
  • Compromiso coa contorna e desenvolvemento social. Tanto a cultura libre en xeral como o software libre en concreto xeran un modelo alternativo que favorece un tecido económico e social non dependente de grandes corporacións e multinacionais. Por exemplo, a utilización do sistema operativo Windows nos computadores favorece economicamente a Microsoft, creando dependencia e un desenvolvemento tecnolóxico e social en función dos intereses da gran corporación. O software libre ao dispor ás persoas usuarias e técnicas do código fonte permite que estas xeren o seu desenvolvemento social e económico de maneira independente.
  • Sen carácter lucrativo. A cultura libre por esencia ten como obxectivo a promoción humana e social. Esta permite e obriga a que toda a cultura e coñecemento sexa devolto á sociedade. Tal e como se describe na carta solidaria, “o cal non obstaculiza para que sexa imprescindible o equilibrar a conta de ingresos e gastos, e mesmo, se é posible a obtención de beneficios. Agora ben, os posibles beneficios non se repartirán para beneficio particular, se non que se reverterán á sociedade mediante apoio a proxectos sociais, a novas iniciativas solidarias ou a programas de cooperación ao desenvolvemento, entre outros.”

As FERRAMENTAS DE CULTURA LIBRE están xa ao alcance para quen queiramos promovelas e tomar partido por esta filosofía de traballo.

SOFTWARE LIBRE: distribucións gratuítas como UBUNTU, paquetes ofimáticos como Libre Office, programas de navegación como Firefox, xestores web como DRUPAL….

CULTURA LIBRE: estándares para ofrecer distintos graos de liberdade de uso como Creative Commons e outras licenzas copyleft están ao alcance de todos e cambian totalmente a natureza da difusión cultural.

MIGRACIÓN CARA A CONTORNAS LIBRES: Podemos romper o acto reflicto de uso de software privado primeiro por convicción ética e segundo por eficacia cultural. Unha porcentaxe moi alta do noso fluxo de traballo pasa polo uso de computadores, sistemas operativos, programas de correo, navegación en internet, procesamiento de textos, imaxes ou vídeos, programas especiais para tarefas da empresa…

 

COMPARTIR CONSCIENTEMENTE

UNHA DAS LICENZAS LIBRES MÁIS UTILIZADAS POLA súa VERSATILIDADE É CREATIVE COMMONS: vai desde a liberdade total até distintos graos de “algúns dereitos reservados”.

Son varias as licenzas que podemos usar para liberar as nosas creacións estas son algunhas habituais. Recoñecemento (de autoría) -Non comercial – Compartir Igual.

Fonte e máis información en:
Haciendo libre la cultura
http://www.investic.net/book/export/s5/170
http://redesenred.net/pg/groups/33755/cutura-libre-desde-la-red-de-econo…

Documental: “¡Copiad, malditos!: los caminos alternativos al copyright”

Copyright, copyleft, copiar, CC, software libre, MP3, internet, descargar, compartir, P2P, dereitos de autor… Todas estas palabras están constantemente presentes na nosa linguaxe, e tamén na nosa vida. Esta nova “era dixital” permítenos estar presentes en todo o mundo e conseguir o que queiramos a través de internet. Este documental investiga este novo mundo cheo de preguntas e retos no económico, social e ético.

O documental Copiad, Malditos! é o primeiro contido baixo licenza Creative Commons (BY/NC 3.0 Unported) que se emite en Televisión Española. Isto quere dicir que está libre de dereitos e que os usuarios o poden descargar gratuitamente en: http://copiadmalditos.blogspot.com

PÓDESE VER E DESCARGAR UN RESUMO DE 20 MINUTOS DO DOCUMENTAL EN: http://blog.rtve.es/copiadmalditos

INTRODUCIÓN AO DOCUMENTAL

Que é a propiedade intelectual?
Até que punto se pode posuír unha idea?
Que dereitos emanan desta propiedade recoñecida amplamente pola lei desde os tempos da revolución industrial?

Camiño a seguir para poder editar o documental cunha licenza de Creative Commons e así poder colgalo en internet para que todo o mundo poida velo, descargalo e copialo libremente.

A lei é clara respecto diso e ao seu abrigo, desde hai décadas, proliferaron as chamadas entidades de xestión de dereitos como SGAE, CEDRO, VEGAP etc. que en teoría se dedican a protexer os dereitos dos autores. Pero desde hai xa algúns anos e especialmente desde a irrupción da sociedade da información de forma masiva, todo o sistema, sobre o que había certo consenso, está a cuestionarse constantemente. Sopran novos ventos e xorden novas preguntas. Até que punto pode ser un delito copiar? Non copiamos todos constantemente cando pensamos e creamos?

En Copiad, malditos! pomos sobre a mesa os novos retos éticos e morais que a revolución dixital está a expor e vemos como, debido talvez á inundación de información á que nos vemos sometidos diariamente, sucédenos que as árbores non nos deixan ver o bosque.

Máis información:
http://copiadmalditos.blogspot.com/
http://blog.rtve.es/copiadmalditos/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: