Respostas sinxelas para preguntas complexas

A banca ética é abre unha esperanza no mundo da economía, pero sempre poden aparecer moitas preguntas como as seguintes:

  • Que é a banca ética?
  • En que se diferencia dun banco tradicional?
  • Que achega Fiare que non ofreza a banca tradicional? 
  • En que se diferencia da “banca cívica”?
  • Por que é necesaria a banca ética?

As respostas a estas preguntas aparecen a continuación.  Se queres saber máis podes enviar as túas dúbidas desde o forumulario que aparece na páxina de inicio ou escribindo a fiaregz@proyectofiare.com

Que é a banca ética?

A Banca Ética é unha proposta de intermediación financeira alternativa que, operando dentro dos nosos mercados, trata de rescatar o valor social do diñeiro ao servizo da xustiza e recoller as aspiracións de todas aquelas persoas que queren decidir que se fai co seu diñeiro.

En que se diferencia dun banco tradicional?

Precisamente diferénciase da banca tradicional en que é un concepto transformador de banca ao servizo da xustiza. No caso de Fiare, ademais, é que se trata dunha entidade sen ánimo de lucro e cunha organización que busca a participación das entidades e das persoas socias, para garantir un funcionamento democrático.

De cara aos aforradores, a Banca Ética garante que o destino do diñeiro (aforros) sexa financiar actividades económicas que teñen un impacto social positivo (cumprindo uns determinados criterios éticos-sociais), posibilitando ademais o acceso ao financiamento de persoas ou colectivos excluídos polo sistema bancario tradicional.

Doutra banda a Banca Ética, do mesmo xeito que a banca tradicional, está garantida polos bancos centrais dos países onde opera.

Que achega Fiare que non ofreza a banca tradicional?

Ao tratarse dunha proposta de intermediación alternativa, ofrece unha forma concreta de realizar un consumo crítico e alternativo co ánimo de construír unha sociedade máis xusta. Esta proposta non inclúe prácticas especulativas, ao ser sen ánimo de lucro, polo que non ofrece nin ofrecerá produtos de carácter especulativo, nin compite en prezos ofrecidos ao aforro. O cliente que deposite os seus aforros sabe que, ademais dun interese financeiro, vai obter un interese social, xa que os seus aforros vanse a destinar a financiar proxectos con impacto social ou ambiental positivo. Ademais, en base ao principio básico de transparencia de Fiare, calquera cliente sabe en todo momento que proxectos están a financiarse e as principais características de cada un deles.

Fiare non pretende competir coa banca tradicional nin en prezos nin en produtos, xa que, aínda que desenvolva actividade bancaria, os obxectivos estratéxicos e misión son moi diferentes aos dun banco convencional. A pesar deles, algúns bancos en cambio si poden ver a Fiar ecomo competidor ou como ameaza, xa sexa por motivos políticos ou de imaxe, xa que as características diferenciadoras de Fiare, poden pór en evidencia determinadas prácticas ou políticas dos bancos tradicionais, que poden levar a clientes con inquietudes sociais a buscar un banco alternativo e cunha formulación ética da actividade financeira. Fiare só pode representar unha ameaza a nivel micro para unha oficina bancaria concreta no caso dun cliente que retire unha gran cantidade de fondos para depositalos en Fiare.

Fiare quere construír unha sociedade máis xusta a través das finanzas, o que supón unha forma xurídica, unha forma de goberno, de participación, de organización territorial, de produtos, de prezos, de sectores financiados, diferente. En definitiva, Fiare busca “formas de facer economía ao servizo das persoas”.

Fiare nace do terceiro sector e da propia sociedade concienciada de que necesitamos outra economía. O terceiro sector fórmano tamén as cooperativas, os colectivos cidadáns e as persoas físicas interesadas. O proxecto está aberto a todos, mesmo aos concellos.

En que se diferencia da “banca cívica”?

O concepto de banca cívica introduciuno Caja Navarra. Segundo a súa propia definición actual, a banca cívica unicamente permite opinar sobre o destino dunha porcentaxe dos beneficios obtidos polo noso diñeiro, sen informarnos de que maneira se obtiveron tales beneficios. En cambio a Banca Ética garántenos (e infórmanos) que a totalidade do diñeiro investido foi utilizado en financiar actividades económicas que teñen un impacto social positivo. En banca cívica os proxectos financiados por esa porcentaxe dos beneficios selecciónanse por votación sen ter en ningún caso que superar ningún criterio ético nin social.

Por que é necesaria a banca ética?

A Banca Ética existe porque necesitamos que a actividade bancaria estea ao servizo da cidadanía, e das súas necesidades. Para iso, a propia cidadanía ten que participar na toma de decisións e poder controlalas. Ademais, as redes sociais que están a construír outra economía, no comercio xusto, na economía solidaria, necesitan unha entidade financeira que sexa o pulmón financeiro do seu sector e funcione cos seus mesmas regras. Por iso Fiare é importante, porque é o único proxecto bancario membro de REAS (Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria) e que se rexe polos principios da economía solidaria. Fiare non presta servizos á economía solidaria desde fóra, senón que se insire na economía solidaria.

A actual crise confirmounos que a globalización neoliberal non só é un sistema inxusto senón ademais insustentable. A achega da Banca ética pode ser fundamental nun sistema de funcionamento alternativo no que exista unha supervisión global do sistema financeiro, unha economía máis real vinculada á produción e menos ao intercambio, e en definitiva unha economía máis lenta, segura, xusta, ecolóxica e con sentido social (centrada nas persoas e no ben común) como propón a economía solidaria.

Por iso, a necesidade da Banca Ética vén marcada polos importantes déficits da banca tradicional. Como aforradores, necesitamos unha banca transparente que nos informe onde está o noso diñeiro, necesitamos unha banca que nos permita utilizar co noso diñeiro os mesmos criterios éticos que nos guían no resto das nosas opcións, necesitamos unha banca que “inclúa” a todos os que necesitan un préstamo, necesitamos unha banca que só financie actividades económicas cun impacto social positivo, para que a economía sexa unha ferramenta de transformación social cuxo fin sexan a persoa e non a rendibilidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: