Fiare 2005-2010

Nestas páxinas que poderedes ler a continuación (fiare-memoria-2005-2010) presentamos o resultado dos nosos primeiros anos de traballo. Quixemos abrir o noso corazón, o máis característico da nosa actividade, aquilo que realmente pode cambiar as cousas: onde se inviste o diñeiro recolleito.

Durante este tempo, achegáronse moitas persoas e organizacións a presentarnos os seus proxectos, os seus soños, e as súas necesidades, e ver se podiamos contribuír a construílos. Non sempre puidemos ou soubemos facelo. E por iso, pedimos sinceras desculpas. Non todo é achacable á inexperiencia, a tentar facer cousas que non se podían. Seguro tamén á desorganización, a non saber entender…

Pero hai moitas outras propostas, por sorte moitas máis, nas que nos destes a oportunidade de participar e puidemos ver como saían adiante. O protagonismo, obviamente, non é do intermediario financeiro, que só move os recursos, senón de quen saca os proxectos adiante no día a día.

Por iso queremos dar as grazas pola confianza que depositastes en nós  os que vos achegastes cos vosos recursos para canalizalos dunha forma alternativa, ou cos vosos proxectos para recibir eses recursos. Tentamos estorbar o menos posible entre persoas e proxectos.

A continuación veredes en que se plasmou todo iso, en función de diferentes criterios de clasificación: sectores de intervención, forma xurídica, lugar xeográfico ou tipo de operación, así como o proceso seguido para levalo a cabo: aplicación dos nosos principios e avaliación ético-social. Non poden estar todos os proxectos, pero si unha mostra significativa, que permita entender que facemos e, sobre todo, o porqué.

Non podemos terminar estas liñas sen lembrar a Banca Popolare Etica. entidade da que somos axentes en España, e sen a que nada disto fose posible. Un agradecemento a todas as persoas que alí traballan, e que se tomaron os proxectos propostos por Fiare coma se fosen propios, levándoos adiante con todo o entusiasmo e profesionalidade posibles.

Moitas grazas a todas e todos, e até dentro doutros 5 anos.

Fonte: Fiare.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: