REAS Galicia fortalécese

Lugar da noticia: Santiago de Compostela

Onte [2 de xullo de 2011] celebrouse a Asemblea de REAS Galicia e a valoración foi moi positiva por todas as persoas que participamos.

A partir de agora Reas Galicia fórmana 25 entidades, conseguindo agregar a unha ampla representación da economía solidaria galega. Por outra banda concretouse un bo plan de traballo coa implicación de moitas persoas da rede, e onde cobra importancia o coñecemento a relación e a intercooperación entre as entidades, a difusión de REAS e a economía solidaria en Galicia, o reforzar e normalizar a estrutura da rede, así como comezar a crear alianzas con outras redes do sector. Unha das actividades máis importantes que se están organizando son unhas xornadas do 11 ao 13 de novembro en Santiago sobre economía solidaria.

Na asemblea presentouse un balance de contas dos dous últimos anos, e aprobouse un orzamento austero pero suficiente cunha repartición de cotas solidario coa situación económica das entidades.

A nova xunta directiva elixida está formada por cinco entidades e fórmana Gonzalo Xesto de Panxea, Miguel Quinteiro de Intergal, Margarita Barreiros de As Leiras, Asier Epelde de Itaca, e Lucía Medina da Cova da Terra.

Hai que destacar o bo ambiente que reinou entre todas as persoas participantes, e a ilusión que está a xerar por construír un futuro común onde a medio prazo póidase profundar e avanzar en temas como a auditoría social, o mercado social, a cultura libre, e o tema da muller.

Esta asemblea supón o comezo dunha nova etapa, e a culminación dun proceso dun ano de ampliación e renovación da rede apoiado por Reas Red de Redes, e onde todas as persoas implicadas puxeron a súa boa vontade para conseguir que REAS Galicia poida ser un referente para impulsar e desenvolver a economía solidaria na sociedade deste territorio.

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: