A banca ética e a banca tradicional

Autora: Ye Xueting

Traballo de investigación sobre finanzas éticas que realizou Ye Xueting unha moza chinesa de 17 anos estudante do curso de investigación económica dun Instituto de Caravaca de la Cruz (Murcia). No estudo recóllese a experiencia de Reas, Fiare e Coop 57 entre outros. A titora da investigación é socia de Fiare desde algúns meses e ademais é presidenta dunha asociación de profesores de investigación económica a nivel estatal estando particularmente interesada en seguir o filón das finanzas éticas.

Resumo

O presente traballo, pretende ofrecer unha visión do funcionamento da banca ética fundamentalmente e da súa implantación en España.

Ofrécese información sobre os seus principios e criterios de actuación, así como datos acerca dos produtos que ofrece, ademais de resaltar algúns datos relevantes do balance e conta de resultados.

O estudo faise comparando a banca ética coa banca tradicional coa finalidade de situala na paradigma do sistema financeiro actual.

Conclusións

O meu traballo de investigación non pretende cambiar as perspectivas que tes sobre os bancos, senón que coñezas outro tipo de negocios bancarios. Outros que se preocupan pola comunidade humana, que teñen como obxectivo o beneficio social por encima de todo incluíndo os beneficios económicos. O banco é unha ferramenta imprescindible para a vida en sociedade e se temos que elixir un, por que non elixir un no que podamos confiar? Onde se nos informa do destino do noso diñeiro e que ademais, podemos axudar a persoas sen recursos. E en realidade nós mesmos somos os maiores beneficiados, porque cando estamos a apoiar a un banco ético estamos a contribuír a unha perspectiva de futuro para nós mesmos.

Calquera persoa necesitará pedir financiamento nalgún momento da súa vida e poida que nun banco tradicional non lla concedesen por falta de garantías suficientes, xa que o principal obxectivo do banco é maximizar o beneficio. Mentres que un banco ético terá moi en conta a finalidade do teu préstamo e primará máis o impacto ou alcance social que teña o investimento que a rendibilidade por si mesma.

Arquivo: a_banca_etica_e_a_banca_tradicional.pdf

Fonte: Portal de Economía Solidaria.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: